O pasado mes de xullo, Galicia situouse como o destino máis importante do norte peninsular e o sétimo do Estado, por detrás de Cataluña, Baleares, Andalucía, Canarias, Comunidade Valenciana e Madrid.
Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística que constatan que -ao igual que sucedera en maio e xuño- a Comunidade destacou en volume de noites nos establecementos de aloxamento.
Máis de 2 millóns de noites
En concreto, na totalidade os establecementos de aloxamento acolleron 900.000 persoas que fixeron máis de 2 millóns de noites. Galicia mantense por terceiro ano consecutivo por riba das dúas millóns de noites e supera os niveis prepandemia en pernoitacións.
No mes de xullo, o 62% da demanda corresponde ao segmento hoteleiro –cun 50% para os hoteis e 12% para as pensións- mentres que o 38% restante fica no aloxamento extrahoteleiro, especialmente nos campings, que absorberon o 18% do total, fronte as restantes tipoloxías que representan o 7% no caso dos apartamentos turísticos, o 3% os aloxamentos de turismo rural e o 10% os albergues.
E ademáis en vigoalminuto
- Morre un condutor de 86 anos de idade, nun accidente entre dous vehículos
- Correos facilita que los vecinos de Vigo y su comarca puedan comprar y mandar cestas de Navidad
- O Porriño pon fin a 30 anos de ‘feismo’ en pleno centro urbano
Turitas estranxeiros
O turismo internacional amosa un comportamento positivo xeneralizado, superando o volume de noites do pasado ano en todas as modalidades agás nos albergues. Os incrementos danse nos hoteis (5,3%), pensións (3,1%) e cámpings (1,9%) e notables nos apartamentos turísticos (13,4%) e no segmento de turismo rural (11,6%).
Preto de 3,9 millons de viaxeiros aloxados
De xeito acumulado, nos primeiros sete meses deste ano Galicia rexistrou preto de 3,9 millóns de viaxeiros aloxados que fixeron 7 millóns de noites no conxunto do aloxamento turístico, o que supón incrementos de 2,2% e 0,2% respectivamente. É por tanto o segundo ano consecutivo no que as noites dos primeiros sete meses se achega á barreira dos sete millóns de noites.
A provincia de Pontevedra acolleu o 40% de todo o turismo de Galicia
Pola súa banda, o presidente da Deputación analizou, na súa rolda de prensa de hoxe, a evolución do turismo na provincia no que levamos de verán.
Luis López apuntou que a información facilitada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que reflicte que a provincia de Pontevedra recibiu en xullo deste ano preto do 40% dos visitantes que acudiron a Galicia. “Dito doutro xeito, dous de cada cinco visitantes que se achegaron á nosa comunidade viñeron a Pontevedra a vivir e gozar das experiencias 100% Rías Baixas”, remarcou.
O presidente provincial tamén detallou que o 74% dos turistas residían en España fronte ao 26% de
estranxeiros que viñeron en xullo. Ademais subliñou que, segundo o INE, o mes de xullo tivo unha
ocupación superior ao mesmo período do 2023, cun 2,2% de incremento.
“Entendemos –remarcou Luis Lopez– que en agosto seguirase a mesma liña ou mesmo os resultados serán superiores, pero temos que esperar a finais de setembro para coñecer os datos definitivos que nos remite o INE”.