Comarcas

Un mes de festa no Porriño

As Festas do Cristo, que comezaron este domingo e rematarán o 29 de setembro, propoñen máis de 100 actividades

Un mes de festa no Porriño

As Festas do Cristo do Porriño comezaron este domingo coa carreira ciclista “A Nocturna 2024”– coa participación de 300 deportistas e victoria para Miguel Pérez e Natalie Revelo- e rematan o 29 de setembro coa tradicional Festa dos Callos e a final do certame “Tes Talento?”.

Máis de 100 actividades

Serán 30 días con máis de 100 propostas para público de todas a idades e todos os gustos: actividades infantís e familiares, aeromodelismo, graffiti, monólogos, teatro, presentacións de clubs deportivos, carreiras a pé, de ciclismo e motos, flashmob, e moitos e diversos espectáculos musicais, incluidos os festivais Louro Valley e o Montando Cristo e as tradicionais verbenas.

Como xa se fixo público, a porriñesa Juana da Cruz “Juaniña” será a encargada de dar o pistoletazo de saída aos días grandes desde o balcón da Casa Consistorial coincidinndo co seu cen aniversario.

“Imos celebrar xuntos unhas Festas do Cristo para recordar sempre”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Este é un ano de celebración e no Porriño gústanos compartir, gústanos vivir o noso pobo e festexar xuntos.  O obxectivo é a ledicia anegue toda a nosa vila”.

Actividades infantís e familiares

A cativada e as familias poderán gozar dunha longa lista de propostas, que abranguen inchables, festa da espuma, circo, espectáculos de contacontos e maxia, concertos e un obradoiro musical impartido polo músico porriñés Pancho Álvarez. O Mago Teto, a Compañía Circo Chosco, María Faltri Picadiscos, Maison ou La Compañía Fantástica son algúns dos artistas que entreterán e sacarán o mellor sorriso aos máis pequenos da casa.

Actividades e exhibicións deportivas

As fins de semana ademáis da tradicional “A Nocturna”, tamén se disputará a XII Milla Porriñesa a carreira a pé con diversas distancias para que poidan participar persoas de tódalas idades e condicións físicas. E, os motores das motocross volverán resoar na Dirt-Track Xacob Agra na súa XVII edición. Hai tamén espazo para outras disciplinas como o Torneo de Padel (2-15), Torneo de Tenis (21), Torneo de Fútbol Jonathan Vila(14-15).

Como ven sendo habitual nos últimos anos, a pista de aeromodelismo de Pontellas acollerá exhibicións deste deporte os días 7 e 8 de setembro. Asimesmo, os clubs deportivos farán o propio durante todo o mes para presentar as actividades deste curso, con pequenos partidos ou exihibicións, dependendo das disciplinas, na praza do Arquitecto Antonio Palacios.

A Festa Ciclista do día 29, na que participa xente de tódalas idades, pechará as actividades deportivas ligadas ás Festas do Cristo.

A música, a gran protagonista das actividades culturais

Nas festas do Cristo do Porriño haberá moitos espectáculos musicais, para grandes e novos, de diferentes estilos. No prazo dunhas poucas semanas O Porriño converterase na capital galega dos festivais, albergando a figuras da música urbana como JC Reyes, Maka ou Pignoise, no Negrita Festival os días 13 e 14; DJs aínda por facer públicos no Louro Valley, o sábado 21; e grupos rockeiros, que se desvelarán próximamente, no Montando Cristo o sábado 28 de setembro.

Os amantes das verbenas poderán gozar coas orquestras xa asiduas na vila, como El Combo Dominicano, Gran Parada, Panorama, Orquesta Royal ou o Grupo América de Vigo, entre outras.

DoRoxo Presbiçian, As Fillas de Cassandra e o grupo folk Milladoiro, que está a celebrar o seu 45 aniversario, deleitarán aos porriñeses/as e visitantes con sendos concertos os días 7, 20 e 21 de setembro respectivamente.

O último día de festexos, o domingo 29 de setembro, terá lugar a final do concurso “Novos talentos musicais val da Louriña 2024. Tes Talento?”; un certame para dar a coñecer a artistas afeccionados, e no que en edicións anteriores saliantaron figuras como Noemí Fernández ou Antía Caride, compoñente da Girl’s Gang.

Durante todo setembro non faltará a música das corais, as bandas, as charangas, os grupos tradicionais e os pasarrúas, que amenizarán o centro urbano do Porriño no mes das súas festas grandes.

Á música, súmanse expectáculos de baile, batalla e flashmob, e varios monólogos dos actores e actrices Oswaldo Digón, Damián Alonso, Víctor Grande, Leti da Taberna, Arantxa Treus e Darío Mares.

E ademáis en vigoalminuto

Outras actividades

Así mesmo, volve o mercadillo outlet “Merca na rúa”, os días 6 e 7, una feria de oportunidades na rúa peonil na que participan diferentes comercios da vila e localidades veciñas.

A rúa Leandro Diz acollerá os días 7 e 8 a Liga Nacional de Graffiti, pensada para que persoas de todas as idades e gustos poidan disfrutar desta expresión de arte urbana.

A Festa dos Callos é o broche final das Festas do Cristo na vila do Louro. O domingo 29 a veciñanza e tódolos visitantes poderán gozar desta festa gastronómica que chega xa á súa XXXI edición.

También te puede interesar