As Neves Urban Fest tivo o seu inicio en 2019 na Praza Maior de As Neves, como un proxecto por e
para a xente da vila. Pouco a pouco, apuntan os seus organizadores, “fomos construíndo un espazo de encontro entre a música emerxente, artistas da contorna, deportes urbanos e natureza”.
Con ese espírito estaba previsto celebrar o vindeiro día 14 de setembro a que sería a cuarta
ocasión, “na que volveríamos a nos atopar para fomentar a vida no rural dende as artes, o respecto e a
diversidade“.
Porén, sinalan, “hoxe lamentamos comunicar, despois de meses de duro traballo, a suspensión do festival As Neves Urban Fest por motivos alleos ao equipo de produción do evento”.
O Goberno municipal incumpre o seu compromiso
No último ano, os organizadores “negociamos en múltiples ocasións un acordo de colaboración coas institucións locais”. Así, tras moito esforzo polas dúas partes, “a un mes do festival, chegamos a ese acordo onde nos comprometiamos a cumprir as demandas do goberno do Concello de As Neves para mover o localización do evento”.
Fieis a ese compromiso coa xente e os locais da zona reaxustaron toda a loxística e o programa do mesmo para manter a metade da programación na Praza Maior, “supondo un maior desembolso económico pola nosa parte, para fomentar a vida en todo o centro da vila”.
Falla de palabra
Finalmente, a unha semana do evento, o pasado venres día 6, “o Goberno municipal das
Neves decidiu romper e incumprir o acordo”. Esta “falta de compromiso e de palabra” por parte dos responsábeis locais “supón un duro golpe económico e moral que se fai imposible de asumir por parte da asociación”.
Ademais en vigoalminuto
- Vigo a la velocidad de la luz hacia el cosmos del chip fotónicoQue se sumará a la Navidad refente a nivel planetario
- ¿Buscas trabajo? aquí tienes algunas ofertas de empleo en VigoPublicadas en las últimas horas
- Acuerdo unánime del Pleno del Concello para que Vigo, además de ‘puerto Nadal’ sea ‘Puerto Nodal’Considerando su importancia estratégica y su crecimiento
Espazo de promoción e de activación económica do comercio das Neves
Os membros do asociación “unímonos a este proxecto autoxestionado coa ilusión de sumar todo o noso
esforzo e facer un evento único na contorna“, querendo ofrecer unha descentralización da cultura e o
arte do urbano máis alá das cidades. Ao mesmo tempo, ofrecer un espazo de promoción cultural para os artistas da vila, para as futuras xeracións e “para os que xa estamos aquí, situando as persoas da contorna no centro”.
Así mesmo, o festival supuña unha activación económica nos comercios da localidade só comparable a da Festa do Requeixo. Os negocios da zona reciben a visita de miles de persoas que durante todo o día gozan da vida urbana/rural nas Neves.
“Sempre quixemos integrar aos propios comercios, produtos da zona e persoas que a habitan dentro do festival, sendo As Neves Urban Fest só un intermediario e un espazo de visibilización, amor e utopía. Esperamos recobrar forzas para buscar alternativas e dudedes que volveremos con máis forza e
ilusión. Saberedes de nós a través das nosas redes sociais”.