O PP de Redondela denuncia que, “outra vez máis”, o Concello perde unha subvención, desta volta do Goberno galego para o Obradoiro de garantía xuvenil, que ascendía a 438.603€, por non ter presentadas as contas en prazo.
Os populares subliñan que as axudas perdidas polo Concello estaban destinadas á realización de programas de emprego dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción
profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil de Galicia.
Mellora das perspectivas laborais para mozas e mozos desempregados
Ademáis salientan a grave perda que supón dado que son programas que “combinan a formación e o emprego e permiten mellorar a empregabilidade e cualificación profesional das persoas participantes, neste caso mozos desempregados menores de 30 anos, para facilitar así a súa inserción no mercado
laboral”. Con esta finalidade, “estas iniciativas coordinan a formación teórica coa realización dun traballo efectivo durante un ano no que o alumnado accede a un contrato e a un salario laboral”.
Tamén en vigoalminuto
- Caballero afirma que el PP de Vigo no quiere el Mundial… y su presidenta le recuerda que votó en contra de exigir transparencia a la Federación
- Investigan al presunto responsable de un grave accidente que se produjo en Salceda
- Andrea Moreno, la mujer desaparecida en Vigo, localizada en buen estado
- El Puerto de Vigo cerró el primer trimestre del año con un aumento de 22.000 cruceristas
- La Policía Nacional detiene a un supuesto constructor vigués, por un delito de estafa
- Peches das instalacións deportivas do Pavillón do Carme e de Samil
Beneficio para os cidadáns
Ademais, lembran os representantes da oposición municipal, “ao realizar as súas prácticas en traballos de mellora de dotacións públicas ou a prestación de servizos de interese xeral, isto ten unha repercusión na mellora da calidade de vida e das prestacións para toda a sociedade”.
“É unha magoa que Redondela estea a perder subvencións pola deixadez do Goberno municipal e que os novos redondeláns non poidan contar con estas oportunidades, máis tendo en conta que son axudas para que podían traballar”.
Auditoría do Concello de Contas
Ademais, o pasado venres coñeceuse que o Consello de Contas incorporará ao seu Plan de Traballo para 2024, a proposta do Grupo Popular, a realización dunha auditoría operativa dos concellos galegos que non cumpriron a súa obriga de render as súas contas, segundo o previsto no artigo 223 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
Neste momento esta auditoría afectaría aos concellos de Verín, A Rúa e Redondela, que son os que non cumpriron coa súa obriga de remitir ao Tribunal de Contas a ‘Conta Xeral’ do exercicio anterior, antes do 15 de outubro de cada ano.
A incorporación ao Plan de Traballo do Consello de Contas desta auditorías operativa baséase nun criterio obxectivo e resulta de aplicación con independencia da cor política de quen goberne.