O Centro Comercial Vialia Vigo, acollerá este sábado día 14, dende as 19:00h., a presentación da nova tempada da Televisión de Galicia (TVG), cun programa especial en directo presentado por Arturo Fernández e Noelia Rey, coas actuacións da Orquestra Cine, Ortiga, Xisco Feijóo, Wanilla e un coro ‘sorpresa’ de “Cantando as Corenta!” formado polos rostros máis famosos do canle.
Tamén en vigoalminuto
- Redondela manterá as feiras os días 6 e 21 de cada mes
- Muere al caer con su coche al mar, en Sada
- «Godspell, el musical», producido por Antonio Banderas y Emilio Aragón, en Vigo
- A enxeñeira biomédica Nicole Steinmetz recibirá en Vigo o ‘II CINBIO Gold Talk’
- Ofertas de empleo en Vigo
- Se va el sol y el viernes vuelve la lluvia
Este programa especial contará coa participación dos presentadores e presentadoras dos formatos máis coñecidos, como ‘Land Rober’, ‘Quen anda aí?’, ‘Luar’, Bamboleo ou a ‘Liga dos Cantantes Extraordinarios’, e haberá unha actuación especial de María Mera.
Polo seu photocall, que estará aberto ao público, tamén pasarán Xose Ramón Gayoso, Paco Lodeiro, Roberto Vilar, Eva Iglesias ou Lucía Regueiro, entre moitos outros, nunha xornada na que adiantarán contidos exclusivos e novas dos programas que serán protagonistas na nova tempada de A Galega.