A Asociación Veciñal de Teis, organiza este sábado 14 e o domingo 15 de setembro a ” Teis Fest” na praza da ETEA.
Este é o sétimo ano que os veciños escollen a antiga escola de transmisións, con varios obxectivos: que sexan unha xornada de convivencia entre a veciñanza e darlle uso e por en valor os terreos da ETEA, que durante moitos anos, até o 2002, estiveron prohibidos para os veciños.
Así, o festa terá un amplo programa de actividades cun xantar veciñal, concertos, atraccións infantís ou festa da escuma.
Xantar veciñal
Unha das actividades máis importantes na festa, é o xantar veciñal que será este sábado 14 ás 14:00 horas, para participar hai que anotarse previamente no local da Asociación . Este ano vaise elaborar na propia festa carne o caldeiro, ademais de empanada, sobremesa, bebidas e café. O prezo é de 25 euros para socios/as e 30 euros non socios/as.
Aposta pola música local e atraccións infantís
Desde a Asociación “apostamos pola música local” e de feito das 4 actuacións, 3 son grupos de Vigo: “O Faro da Guía, “Sonido de Teis” e “Sun Iou ”
Así mesmo, durante toda a fin de semana haberá actuacións infantís a prezos reducido -3€- e o domingo ás 18:00 h, a festa da escuma.
Ademais en vigoalminuto
- Andrea Moreno, la mujer desaparecida en Vigo, localizada en buen estadoSe había ido de manera voluntaria
- El Puerto de Vigo cerró el primer trimestre del año con un aumento de 22.000 cruceristasEste 2025 llegará a las 120 escalas y más de 300.000 pasajeros
- La Policía Nacional detiene a un supuesto constructor vigués, por un delito de estafaTras quedarse con 22.000€ de una clienta
- Peches das instalacións deportivas do Pavillón do Carme e de SamilEn horarios alternos de mañá e tarde.
Sábado, 14
- 12:30 h. Exhibición Zumba.
- 14:00 h. Xantar veciñal.
- 18:00 h. Grupo ” O Faro da Guía”
- 20:00 h. Sonido de Teis.
- 21:30 h. Sun Iou.
- 23:00 h. Tecor Societario
Domingo,15
- 18:00 h. Festa da escuma.