A Deputación de Pontevedra aprobou a adxudicación do contrato do servizo de conservación integral da rede viaria provincial, de 1.700 kilómetros, en total para os vindeiros 5 anos cun investimento total de 39 millóns de euros.
Tres lotes
O contrato dividiuse en tres lotes e no proceso de licitación participaron un total de empresas. Despois de analizar todas as propostas, a Mesa de Contratación propuxo esta adxudicación:
- o lote 1 (norte) á UTE XAC-Francisco Gómez por un importe total de 9,74 millóns de euros
- lote 2 (centro), á UTE Audeca-Narom, por 8,57 millóns
- e o lote 3 (sur) a Civis Global por 7,78 millóns de euros
Tamén en vigoalminuto
- Vigo se queda sin 1,5 millones de fondos europeos solicitados para el Pazo de CastrelosEstaban destinados a la reforma interior del inmueble
- Diana Nogueira participa, como una voluntaria más en la Gran Recogida del Banco de AlimentosEl objetivo de esta acción es llegar a los 325.000 kilos. Mira cómo puedes ayudar
- La Biblioteca del Estado en Vigo cumple 16 años… de anunciosEl Gobierno ya puede hacerse cargo de los terrenos para edificarla
AVE Vigo-Lisboa
Tamén resultou aprobada, cos votos favorables dos deputados do PP e do BNG, unha moción para solicitar ao Ministerio de Transportes o impulso da liña de alta velocidade entre Vigo, Porto e Lisboa.
O organismo provincial reclama ao Goberno central unha programación completa das actuacións, investimentos orzamentarios e un calendario para o desenvolvemento deste trazado, así como trasladarlle ao Goberno o potencial de uso e rendibilidade que tería esta liña, unha infraestrutura prioritaria e estratéxica. Ademais, demandan que, mentres non se complete a obra, o Goberno a mellora do tren Celta para que o traxecto entre Vigo e Porto sexa máis curto, 1 hora como máximo, e confortable.