Deportes

Últimas horas para inscribirse la ‘XIII Carreira pola praia’ de Nigrán

Será este sábado día 21

Últimas horas para inscribirse la 'XIII Carreira pola praia' de Nigrán

Últimas horas para inscribirse nunhas das carreiras máis emblemáticas da comarca. Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor celebran este sábado 21 de setembro a 13 edición da ‘Nigrán Area’, carreira popular de atletismo pola praia que se viña realizando en agosto pero que este ano se trasladou a setembro porque a única marea baixa matinal de agosto coincidía con outra proba importante na comarca.

O prazo de inscrición para esta tradicional competición pola ribeira de Panxón e Praia América está aínda aberto en www.carreirasgalegas.com ata este martes 17 de setembro ás 23:59 horas.

Saída dende Panxón

Este evento deportivo, irmandado coa maratón do Sáhara, arranca ás 11:00 horas e está aberto a tódalas categorías, tendo saída desde Panxón:

  • Os sub 16 percorrerán 2 quilómetros
  • Pola súa parte, os sub 14 farán 1.500 metros
  • Os sub 12 1 quilómetro
  • Aqueles que sexan sub 10 percorrerán
  • Os sub 8 farán 300 metros
  • e os máis pequenos farán 100 metros

O percorrido para a proba absoluta son 6 quilómetros do areal de Panxón-Praia América cando a marea está baixa. A proba conta coa supervisión da Federación Galega de Atletismo.

Por último, o clube organizador entregará os dorsais o día anterior á proba (20 de setembro) no Pavillón Municipal de Panxón (Avda. de Gondomar, 2) en horario de 16:30 a 20:30 horas. Tamén o mesmo día da proba na propia praia de Panxón, a partir das 09:00 horas e ata 30 min antes.

También te puede interesar