A noite do sábado 22 no Porriño é musical. O DJ Kiko Rivera será a cabeza de cartel do Louro Valley Festival 2024, un evento organizado polo Concello do Porriño que congrega aos mellores DJs de España, e que garantiza unha noite de baile e diversión para toda a veciñanza e visitantes. O Louro Valley é un dos tres festivais musicais das Festas do Cristo do Porriño, xunto co Negrita (música urbana) da pasado fin de semana, e o Montando Cristo (rock) o sábado 28 de setembro. Esta semana farase público o resto do cartel do festival.
Ademais en vigoalminuto
- El IEO investiga la abundancia de cigala en Galicia a través de imágenes submarinasTambién se realizará un cartografiado del fondo marino en alta resolución
- Investigadores del programa María Zambrano exigen soluciones para garantizar la retención del talento científico La mayoría dejaron sus puestos en el extranjero para volver a España
- La Asamblea Republicana de Vigo denunciará este viernes ante la justicia a Juan Carlos I y a sus hijasPor delito fiscal y blanqueo de capitales
Kiko Rivera
Foi no 2013, co seu tema “Así soy yo”, cando Kiko Rivera consegue 18 millóns de reproduccións en streaming no seu lanzamento, e a primeira posición de descargas durante 7 días.
Pero a súa andadura musical comezou no 2011 e desde entón publicou 17 singles: Quítate el top (2011), Victory con David Tavare -Eurocopa- (2012), Así soy yo (2013), Chica loca con Dr. Bellido (2013), Cuento de hadas (2014), 500 millas (2014), Dale con Dasoul (2015), Sangre caliente (2016), Mentirosa (2018), Déjalo ya (2019), Tuboescape ft. Henry Méndez & El Nachy (Remix) (2020), Te extraño con Juan Magan y Nyno Vargas (2021), Te necesito (2021),Tú y yo (2022), Por un besito (2022), Vudu (2022) e El mambo (2023).