Comarcas

A secretaria municipal aclara que os orzamentos de Mondariz non están aprobados

O alcalde en funcións acusa á aoposición de querer “enganar á cidadanía”

A secretaria municipal aclara que os orzamentos de Mondariz non están aprobados

O actual goberno en funcións de Mondariz vén de comunicar que a secretaria municipal remitiu a todos os grupos da oposición un informe aclarando que o orzamento do Concello non está aprobado.

Neste informe, a secretaria advirte de que a Alcaldía ten que configurar o orzamento, que ten que informar a Intervención e remitirse ao Pleno para a súa aprobación. Asé mesmo, lembra que “os orzamentos das entidades locais constitúen a expresión conxunta e sistemática das obrigas que, como máximo, poderecoñecer a entidade e os seus organismos autónomos e os dereitos que prevean liquidar durante o exercizo correspondente”.

O alcalde en funcións acusa á oposición de querer “enganar á cidadanía”

Indica tamén que a aprobación do orzamento ten que realizarse mediante un acordo único, unidade de acto que afecta obxectivamente a todo o proxecto, sen que permita observacións ou fórmulas de salvaguarda respecto dalgunha das súas previsións ou da documentación que o integra. O informe reitera que “en ningún caso a aprobación de enmendas polo Pleno podería implicar a aprobación inicial do orzamento xeral”.

Calis Montes, alcalde en funcións, lamenta esta perda de tempo e que “a estas alturas haia que aclarar cuestións de funcionamento que evidencia a falta de formación e coñecemento dos grupos da oposición ou ben a súa clara intención de enganar á cidadanía.

Necesario o informe de Intervención e que se aprobe a proposta da Alcaldía

O informe da secretaria é claro e concreta que “se falta o informe prévio do interventor e dictame da comisión correspondente, o acordo que adoptara a Corporación aprobando un expediente distinto do proposto pola alcaldía, quedaría viciado de nulidade por terse adoptado prescindindo total e absolutamente do procedimento legalmente establecido”.

Montes reitera que “é lamentable que a oposición intente impor a súa versión por enriba dos informes dunha habilitada nacional e dos técnicos municipais”. Por último, sinala que “as súas ganas de desinformar e confundir son tan esaxeradas que rozan a falta de ética, esquecen toda vocación de servizo á cidadania e incurren en falsedades que poñen en risco o futuro das veciñas e dos veciños que afrontarán pagos máis altos de tributos e recibirán menos e peores servizos”.


Máis novas en vigoalminuto


Sen goberno local

O goberno de Mondariz liderado por AporM presentou a súa dimisión o pasado día 11,ante o bloqueo absoluto dos tres grupos municipais da oposición -PP, BNG e PSOE- que dende o inicio da lexislatura permanecen unidos para paralizar calquera avance, investimento ou mellora para a cidadanía.”

Daquela, o alcalde informaba á cidadania que os cinco edís de AporM “sacrificaban toda a dedicación destes anos e renunciaban aos seus cargos no goberno para pasar a ser concelleiras/os da oposición” e permitir que un novo goberno de alianza dos tres grupos dese luz verde ás necesidades das veciñas e veciños.

También te puede interesar