Comarcas

Pistoletazo de saída ás Festas do Cristo ao son de ‘Porriño de mis amores’

A pregoeira Juaniña estivo acompañada polas tamén centenarias Fermina Fernández e Carmen Leiras

Pistoletazo de saída ás Festas do Cristo ao son de 'Porriño de mis amores'

O Porriño deu o pistoletazo de saída ás súas Festas do Cristo da man das súas centenarias, Fermina Fernández, Carmen Leiras, Bienvenida Estévez, Elvira Alonso e a pregoeira, Juana da Cruz, coñecida por todos como Juaniña.

A pregoeira estivo acompañada en todo momento pola señora Fermina do Pouso e a señora Carmen Leiras, que lucindo as súas medallas de honra do Concello do Porriño participaron deste momento tan emotivo que quedará xa para sempre na historia da súa vila.

A ledicia das festas

Juaniña compartiu coa praza ateigada de veciños, o seu amor polas Festas do Cristo e parte da súa rica persoal, lembrando como, a pesar das dificultades vividas durante a guerra, sempre atopou alegría nas celebracións, especialmente nas súas queridas Festas do Cristo.

Nunha distendida charla co alcalde, Alejandro Lorenzo, relato con certa nostalxia como se preparaba as festas, confeccionando os seues propios vestidos. A pesar de que as teas non eran de moi boa calidade ela dáballes un toque especial engadindo pedriñas para embelecelos. Ao longo dos seus cen anos destacou momento tan entrañables como as viaxes en tranvía a Vigo para comprar teas cando porque no Porriño aínda non había comercios.

A pregoeira tamén compartiu a súa paixón pola costura, mencionando que creara preciosos vestidos de noiva, incluíndo o famoso vestido de Lady Di ou o de Fabiola, que lucía unha impresionante cola de perlas. Juaniña confesou que dedicaba longas horas ao seu traballo, apenas durmindo para cumprir cos encargos.

Este é o segredo da lonxevidade

O que máis valora, con todo, é a xente de Porriño, a quen expresou o seu agarimo, e tivo palabras de eloxio para o alcalde, a quen cualificou con “dous deces” por todo o que fai pola xente. Na súa mensaxe, Juaniña compartiu o secreto da súa lonxevidade: ser unha boa persoa, non facer dano a ninguén e axudar sempre aos demais.

O pregón culminou cun divertido relato sobre as súas saídas ao furancho cos seus fillos, onde nunca falta o chupito de licor café, acompañado da famosa frase “arriba, abaixo, ao centro e p´adentro”, cousa que se fixo realidade rematando o seu pregón cun chupito compartido con toda a praza. Para pechar a súa intervención, Juaniña deleitou a todos coa súa canción “Porriño dos meus amores”, deixando un ambiente de alegría e emoción no aire.

“Non teño palabras para describir o que vivín hoxe acompañado destas tres mulleres que son e deben ser exemplo para todos. A elas, Juaniña, Fermina e Carmen, e a Bienvenida e Elvira que non puideron vir pero estaban con nós de corazón, o meu inmenso agradecemento e admiración”, concluíu Alejandro Lorenzo.

También te puede interesar