O Consello da Xunta autorizou hoxe á Consellería de Facenda e Administración Pública a proceder á compra do 51% do Teatro Fraga, por importe de 4.743.000€. A Deputación de Pontevedra contará cunha participación do 49% e achegará 4.450.000€.
1.600 butacas
O proxecto que se porá en marcha permitirá ofrecer un recurso cultural e creativo cun auditorio que conta con 1.600 butacas e con foso para orquestra, que o converten nun espazo máis que axeitado para unha ampla variedade de programacións públicas e privadas, para acoller eventos e espectáculos que exixen unhas dimensións como as que ofrece este inmoble.
Tamén en vigoalminuto
- La Biblioteca del Estado en Vigo cumple 16 años… de anunciosEl Gobierno ya puede hacerse cargo de los terrenos para edificarla
- A Deputación destina 100.000€ ao MARCO para “colaborar na programación cultural estable”A vicepresidenta Luisa Sánchez asinou o convenio para a posta en marcha ata seis exposicións
- Muere en plena calle, en VigoEsta tarde, poco antes de las 2, en Torrecedeira
Antigo Nova Olimpia
Pola súa banda, o espazo da antiga sala de festas Nova Olimpia vai permitir desenvolver un proxecto cultural que estará baseado na “exhibición cultural, na creación artística e na participación do tecido artístico e cultural vigués, tanto no seu deseño como na súa programación”, indican dende o Goberno de Galicia.
Ademais, a diversidade de espazos anexos suporá que se poderá valorar a instalación en Vigo doutros proxectos culturais de relevancia.
Como informamos en vigoalminuto, neste momento, está aberta a definición do plan de usos para o que se segue abaerta a participación de cidadáns, organismos, asociacións e entidades culturais, que poden presentar a súas propostas no enderezo de corereo electrónico [email protected].
De feito, o pasado martes, día 17, celebrouse na nosa cidade a primeira reunión aberta coa cidadanía na
que participaron máis dun cento de entidades e particulares.