O Goberno de Nigrán consignou no pleno ordinario de hoxe un total de 160.000 € para a compra dos antigos cines do Centro Comercial A Ramallosa e de 7 baixos comerciais co voto en contra do PP e a abstención do BNG. O obxectivo do goberno é unir as dúas salas de proxeccións para que Nigrán dispoña ao fin dun Auditorio Municipal acorde ás necesidades actuais do municipio, tal e como o rexedor marcara como obxectivo deste mandato.
“Un prezo inigualable”
“É unha oportunidade única para que Nigrán conte cun Auditorio Municipal de primeira e con novas infraestruturas municipais nun enclave perfecto e a un prezo inigualable, en canto nos enteramos desta posibilidade non o dubidamos nin un intre“, explica o alcalde.
Juan González, engade, en referencia ao baixo prezo da operación e á localización, que “con 160.000 € non poderíamos construír nada similar, o aforro é tremendo aínda sumando a reforma que lle fagamos”, sinala en referencia a estas dúas salas pechadas definitivamente no ano 2014 e que dispoñen de 160 butacas cada unha e 419 m2 en total.
Outras novas en vigoalminuto
- Volve ‘IRIBARNE’ cunha intensa xira de outono
- Este miércoles llega un ‘río atmosférico’ que dejará lluvias intensas
- O Concello de Nigrán compra os cines do Centro Comercial A Ramallosa
- O Porriño aproba definitivamente o orzamento deste ano que ascende a preto de 21 millóns
- ‘La mujer sin nombre: Señora de Macbeth’, el próximo jueves 10 de octubre en Vigo
- El Concello no ha hecho gestiones para lograr la cesión de 318 viviendas vacías, la mayor parte propiedad de la SAREB
Sete locais comerciais
Ademais, dentro do mesmo prezo, súmanse 7 locais comerciais na planta baixa que se poden anexionar entre si conformando algo máis de 500 m2 . “Estes locais pechados desde hai anos serán reconvertidos en centro de ocio xuvenil, incluíndo ademais unha sala de estudo para ofrecer unha alternativa máis á da Biblioteca Municipal”, explica González.
“Actualmente estamos moi limitados co Auditorio do Concello porque, ademais de funcionar como tal, é tamén o lugar de ensaio da Escola Municipal de Teatro ou o espazo para o Cine-club Val Miñor Alice Guy. Esta adquisición permitiranos desdobrar as opcións e ampliar e mellorar a nosa xa rica programación cultural”, conclúe.