Galicia

Veciños e empresas que estean preto de parques eólicos pagarán a metade no recibo da luz

En canto comece a funcionar a comercializadora de electricidade da Xunta

Veciños e empresas que estean preto de parques eólicos pagarán a metade no recibo da luz

Veciños e empresas que estean radicadas preto dun parque eólico en Galicia, pagarán a metyade no recibo da luz. Será así cando empece a operar RDG, a comercializadora de enerxía da Xunta. O obxectivo é que inicie as súas operacións en 2025, constituída cun capital de 60.000€ e participada nun 30% pola Administración Galega, e o 70% restante por Abanca, Megasa, Finsa, Copasa ou o Grupo Nogar.

Así, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, xunto ao conselleiro delegado de Recursos de Galicia (RDG), Emilio Bruquetas, explicou hoxe que o Goberno galego negocia con operadores do sector para incorporar os volumes de enerxía necesarios para a posta en marcha o ano que ven.


Máis novas en vigoalminuto


Enerxía 100% galega e renovable

Lorenzana declarou que o obxectivo é “avanzar en autonomía enerxética e abaratar a enerxía dos fogares galegos, pero tamén das industrias e das empresas”. A nova empresa ofrecerá “enerxía cen por cen galega e cen por cen renovable”, subliñou a conselleira, e venderá toda esa enerxía aconsumidores galegos e a un “prezo competitivo”

También te puede interesar