Galicia

A conversión de locais comerciais en vivendas será posible sen modificar o Plan Xeral

Anuncio de Rueda no Parlamento, duramente criticado pola oposición

A conversión de locais comerciais en vivendas será posible sen modificar o Plan Xeral

A conversión de locais comerciais en vivendas será posible sen modificar o Plan Xeral e os prazos de tramitación de solo residencial redúcense á metade. Son dous das medidas que Alfonso Rueda anunciou este martes para facilitar o acceso á vivenda. Estas iniciativas xunto coa multiplicación por tres do orzamento destinado a chan residencial e a construción de vivenda pública, ata chegar ata os 126 millóns de euros, estarán plasmadas nas contas de 2025.

Durante a súa comparecencia no Parlamento para explicar as liñas estratéxicas dos vindeiros orzamentos da Xunta, o xefe do Executivo galego adiantou que estarán en marcha unha serie de medidas legais de choque para incrementar rapidamente a oferta de vivenda e atallar a actual crise de prezos.

Nesta liña, ás anteriores iniciativas engadiranse outras como outorgar durante un prazo de tres anos a cobertura legal para recuperar os edificios inacabados durante a crise económica.

Duplicar o parque público residencial e dar facilidades á mocidade

O obxectivo apuntou Alfonso Rueda, é duplicar o parque público residencial na presente lexislatura, ata chegar aos 8.000 inmobles, e facilitar o acceso á vivenda a poboación, en especial aos colectivos máis vulnerables.

O presidente subliñou que a mocidade é un dos grupos con máis dificultades na actualidade para acceder a un fogar, anunciou tamén unha medida para mellorar a inserción laboral deste colectivo. Así, sinalou, a Xunta vai elaborar no 2025 a Estratexia Mocidade Activa, dotada de 20 millóns de euros para incentivar a contratación de xente nova e formala para mellorar a súa empregabilidade.

Para Pontón, o presidente dixo un “rustrido de iniciativas xa presentadas”

Para a líder da oposición, Ana Pontón, Alfonso Rueda foi hoxe ao Parlamento a facer un “rustrido de iniciativas xa presentadas”. A voceira nacional do BNG pediulle ao presidente que deixase de poñer ao PP por riba de Galicia y acusouno de non ter proxecto de futuro.

Pontón criticou o anuncio de “milleiros de vivendas” que fixo o xefe do Executivo asegurando que detrás delas “so hai un boicot ás medidas valentes que beneficia á xente”, como as que aplica o Concello de Santiago para regulamentar as vivendas de uso turístico.

A portavoz nacionalista tamén reprochou a Rueda que renunciase á quita da débeda, e acusouno de non traballar para os galegas e galegos, “vostede traballa para o PP e as empresas amigas” e sinalou como exemplos o “desbloqueo do espolio eólico para que as eléctricas continúan forrándose a costa dos galegos” e permitindo que unha multinacional como Altri poña unha macrocelulosa contaminante, “que, por certo, non quere Portugal”.


Tamén en vigoalminuto


Para Besteiro, Rueda “está ao que manda Feijóo dende Madrid”

Para o secretario xeral dos socialistas galegos, Galicia necesita “un presidente da Xunta que aproveite as oportunidades que se abren en materia de financiación” e non un gobernante que siga “o que lle manda Alberto Núñez Feijóo desde Madrid”.

José Ramón Gómez Besteiro lembrou que Galicia é a comunidade na que máis soben os prezos y apuntou que si hoxe houbese que pagar a débeda pública habería que empregar o orzamento de todo un ano.

Besteiro acusou a Rueda deboicotear e torpedear” a aplicación da Lei de Vivenda e pediulle que rectificase, “seguimos agardando que exerza de verdade de presidente e non teña que esperar a que alguén lle mande o que ten que te facer”.

También te puede interesar