Deportes

Estas son as axudas da Deputación a clubs deportivos que  participan en competición estatal

Preto de 30 equipos de Vigo recibirán máis de 300.000€

Estas son as axudas da Deputación a clubs deportivos que  participan en competición estatal

A Deputación de Pontevedra acaba de publicar este xoves na súa web a resolución provisional da concesión de axudas a clubs deportivos que participan en competicións oficiais de ámbito estatal, tal e como anunciou a vicepresidenta Luisa Sánchez coincidindo cunha visita ao Rápido de Bouzas, que este ano incrementa a súa achega nun 39%, ata os 25.000 euros.

A responsable provincial, que tivo ocasión de reunirse coa directiva do club vigués e compartir xornada de adestramento cos equipos de infantís e alevín, aproveitou para pór en valor a aposta da Deputación “por dar un xiro ás políticas deportivas na provincia en aras dunha maior transparencia e equidade”. Neste sentido, Luisa Sánchez incidiu en que as bases da citada orde de subvencións “corrixen desequilibrios que se viñan dando nas convocatorias anteriores, favorecendo un reparto máis ecuánime dos fondos provinciais, tal e como demandaban os propios clubs, e ponderando criterios como as licencias femininas, de deporte adaptado ou de base”.


Otras novas en vigoalminuto


Máis de 300.000€ para equipos de Vigo

Esta liña de achegas, que se outorgaron por concorrencia competitiva, está dotada con 900.000 euros, 50.000 euros máis que o pasado ano. Segundo indicou, ao abeiro deste apoio “80 clubs de todas as disciplinas e modalidades deportivas  da provincia resultaron beneficiarias da convocatoria da subvención, 29 delas na cidade de Vigo cun investimento de 307.184 euros”.

A vicepresidenta insistiu unha vez máis en que “o deporte é pedra angular do Goberno provincial, como motor de desenvolvemento económico e como potenciador turístico”. “A nosa provincia é un estadio deportivo natural que se presta a calquera disciplina deportiva, pero é que ademais contamos cunhas infraestruturas deportivas de primeirísimo nivel”, anotou, para engadir que “os nosos deportistas referénciannos no mundo colleitando os maiores éxitos, mentres que os nosos clubs e entidades traballan a diario para facer realidade todos estes logros”.

Tres niveis de competicións

O importe máximo destas subvencións oscila entre os 5.500 e os 35.000 euros, dependendo da modalidade deportiva e a competición oficial na que se participe, e, en todo caso, as axudas, non poden superar o 40% do orzamento presentado.

Entre os gastos subvencionables

  • federativos
  • de competición e adestramento
  • os de persoal, os de material deportivo e os sanitarios
  • e os recursos distribúense en función de tres niveis de competicións e categorías

Deste xeito, en canto á clasificación das competicións (que deben estar incluídas nos calendarios oficiais aprobados polas diferentes federacións para a tempada 2023/2024 ou par ao 2024).

Nivel 1

  • están as de nivel 1, que reciben un máximo de 35.000€ nas que se engloban modalidades deportivas nas que a competición de categoría absoluta ou sénior se establece en forma de ligas por equipos (con 5 o máis deportistas na competición), con xornadas de ida e volta e con ascensos e descensos de nivel segundo o regulamento de competición
  • Dentro deste nivel sitúanse a LEB Oro e Liga Feminina Challenge (baloncesto), a 2ª RFEF Feminina (fútbol), a 2ª división nacional masculina (fútbol sala), a OK Liga feminina e masculina (hóckey sobre patines) e a Superliga feminina e masculina (voleibol), que reciben un máximo de 35.000 euros.
  • O tope está en 25.000 euros
  • no caso da LEB Prata e Liga Feminina 2 (baloncesto)
  • División de prata masculina e División de honra oro feminino (balonmán)
  • a 3ª RFEF masculina e feminina (fútbol)
  • a 2ª división nacional B masculina e 2ª división nacional feminina (fútbol sala)
  • OK Liga prata feminina e masculina (hóckey sobre patíns)
  • Spanish Baseball League (béisbol) a Spanish Softball League (sóftbol)
  • División de honra feminina e masculina (rugby)
  • Superliga 2 feminina e masculina (voleibol)
  • e a división de honra feminina e masculina (wáter-polo). Todas elas tamén de nivel 1.
  • E por último, tamén no nivel 1, cunha subvención máxima de 15.000 €
  • están os clubs cun equipo na EBA e 1ª nacional feminina (baloncesto)
  • 1ª división masculina e División de honra prata feminina (balonmán)
  • a Liga nacional de béisbol 1ª división (béisbol)
  • a División de honra xuvenil (fútbol)
  • división nacional masculina (fútbol sala)
  • o OK Liga bronce feminina e masculina (hóckey sobre patíns)
  • a Liga nacional de sóftbol masculino 1ª división (sóftbol)
  • División de honra B feminina e masculina (rugby)
  • 1ª división feminina e masculina (voleibol)
  • Neste nivel 1 de competicións, para os clubs que conten cun segundo equipo de categoría estatal incrementarase o límite establecido en 5.000 euros.

Nivel 2

No que respecta ao segundo nivel de competicións inclúense aquelas modalidades deportivas nas que a competición de categoría absoluta ou sénior se establece en formato liga por equipos, pero con 4 deportistas ou menos no espazo de competición, e con ascensos e descensos de nivel segundo o regulamento de competición.

Neste caso, hai competicións que reciben un máximo de 10.000 euros, que son

  • Primeira oro/Primeira prata (bádminton)
  • División de honra (Billar)
  • División de honra feminina e masculina (bowling)
  • División de ouro -espada, sable ou florete- (esgrima)
  • División de honra feminina e masculina (Tenis de mesa) e 1ª división da Liga Iberdrola GR e 2ª división da Liga Iberdrola GR. Ademais, os clubs que participen na Liga de clubs de primeira división feminina e masculina (atletismo)
  • Primeira bronce (bádminton)
  • 1ª división (billar)
  • 1ª división masculina (bowling)
  • División de prata –espada, sable ou florete- (esgrima)
  • 1ª división de orientación a pé (orientación)
  • 1ª división feminina e masculina (técnicas de mesa)
  • Liga nacional de voleibol praia (voleibol praia) e ximnasia (3ª división da Liga Iberdrola GR),
  • benefícianse dunha achega máxima de 5.000 euros

Nivel 3

Por último, hai un terceiro nivel no que se engloban as modalidades deportivas nas que a competición de categoría absoluta ou sénior se establece en formato de ranking ou clasificación individual ou por equipos e que estean incluídas nun calendario oficial da tempada da que resulte a clasificación final.

Neste caso, os clubs de ciclismo que participen na Copa de España en ruta elite/sub-23 reciben unha achega máxima de 20.000 euros, e os que o fagan en elite/sub-23 na modalidade de estrada, BTT, XCO ou XCM ou ciclocrós, de 10.000 euros.

También te puede interesar