O Concello de Covelo continua investindo na mellora da rede de saneamento municipal , chegando ao barrio de Carballeda, na parroquia de Santiago de Covelo e ao de Vales, en Maceira.
Como adiantou o alclade, Pablo Castillo, o Concello investirá 69.753,81€ para un novo ramal en Carballeda, outro en Vales, acometidas en Baldomar, Santa Marina e acometida na Ermida, Santiago de Covelo. “Unha rede de saneamento axeitada non só é un servizo indispensable para a cidadanía, tamén supón unha protección do entorno medioambiental”, subliña o alcalde, lembrando que “o Goberno local considera unha prioridade o respecto e preservación da nosa riqueza natural“.
Outras novas en vigoalminuto
- Zona Franca estudia un nuevo lugar para el World Car Center, ante la imposibilidad de construirlo en Portanet
- Música, cultura e gastronomía abren, este sábado, as festas de San Telmo, en Tui
- Diminúe a incidencia da gripe… aínda que non hai que confiarse
- Cancelada una fiesta rave en Mos, tras la intervención policial
- El tren entre Vigo-Santiago-A Coruña, el más demandado de la red ferroviaria española
- El crimen organizado dispara los hurtos en Semana Santa
Colectores, pozos de rexistro, reposición de pavimentos
As obras dos ramais suporán executar colectores, construír pozos de rexistro, corte e reposición de pavimentos, limpeza de beiravías e sinalización, con marcas viais horizontais, as marxes do camiño.
Neste ano o Concello de Covelo tamén executou o ramal de saneamento e bombeo en Maceira contando cunha aportación da Xunta de máis de 69.700 euros que permitíu que este servizo chegara a todas as vivendas coa ampliación da rede de colectores. Os traballos incluiron a construción dun colector de saneamento e dun pozo de bombeo, así como a instalación dun cadro eléctrico. Tanto esta intervención como as que se contratan agora materialízase a través da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, destinado a apoiar os Concellos nas melloras que repercutran no medio natural.
A estas accións de mellora súmase a axuda conseguida de Augas de Galicia, de 21.874 euros para a realización de auditorías nas redes de saneamento.
Fin de semana de patinaxe
Sen saír de Covelo, o seu Clube de Patinaxe celebra este mesmo sábado o seu Trofeo Cruceiro de Covelo no que participarán máis de 150 patinadoras e patinadores das categorías benxamín e alevín. Deportistas autonómicos e estatais chegados de clubs de toda Galicia medirán as súas forzas nos niveis 1, 2, 3, 4, 5 e 6 .