Galicia

Investigan a morte dunha muller de 52 anos, na súa casa de Santiago

Atopouna un familiar, este venres pasado pola tarde

Investigan a morte dunha muller de 52 anos, atopada na súa casa de Santiago

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller de 52 anos, atopada por un familiar na súa casa de Santiago de Compostela, no barrio das Cancelas, este venres pola tarde.

Foi este familiar o que topou co corpo no chan, cando acudiu á vivenda logo de non ter noticias dela. Axiña contactou co 112 Galicia que mobilizou a Policía Nacional e persoal do 061, que confirmou o falecemento. Tamén acudiron ao lugar especialistas da Policía Científica, para tomar mostras e recoller probas no lugar.


Ademais en vigoalminuto


Aínda que haberá que agardar aos resultados da autopsia, os primeiros indicios, nos que traballa a Policía, apuntan como primeira hipótese a que podería tratarse dun accidente, sen deixar de considerar outros motivos.



También te puede interesar