Galicia

A folga da TVG pasa a ser indefinida

Dende este mércores, día 16

A folga da TVG pasa a ser indefinida

A folga das traballadoras e traballadores da CRTVG contra a externalización de contidos será indefinida a dende este mércores, día 16. Logo de catro días de partos parciais -forzando a suspensión da emisión do programa O Termómetro, o Comité de empresa denunciou a “nula vontade de negociación da empresa” e por iso o seguinte paso será cumprir co anuncio que fixeron os representantes dos profesionais: que a folga sexa indefinida sen non había acordo este pasado luns, día 14.


Tamén en vigoalminuto


Onte, diante das instalacións da CRTVG en San Marcos, os concentrados formaron un SOS para “concienciar á cidadanía galega” e que se suma á defensa duns medios públicos “secuestrados pola Xunta do PP”.

Dende o Comité Insisten en que esa externalización- da que é proba O Termómetro, que substituíu ao espazo A Revista, producido pola propia TVG durante máis de 21 anos- “agrava a manipulación informativa” e contribúe ao “desmantelamento programado” das canles autonómicas.

Pola súa banda, os responsábeis da CRTVG, aseguran que o seguimento dos paros non chega ao 32% e que preto dun 70% dos profesionais non os apoian.

También te puede interesar