A Feira do Pan do Porriño volve un ano máis para destacar o valor dun dos produtos máis representativos da súa gastronomía.
Organizada polo Concello en colaboración coa Asociación de Panadeiros do Porriño, este evento supón un recordatorio da importancia de valorizar un producto con historia e acercar a súa tradición panadeira á poboación, á vez que actúa como punto de encontro para os panadeiros e artesáns que forman parte deste saber facer.
Esta sexta edición celebrarase na Praza Arquitecto Antonio Palacios o sábado 26 de outubro, día no que se levará a cabo o nutrido programa de actividades organizadas con motivo deste evento, que terán lugar entre as 10:30 e as 19:00h e son de asistencia totalmente gratuíta.
Un evento con moita miga
A xornada comezará cunha Mesa Redonda na que os responsables da Asociación de Panadeiros do Porriño, xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, e máis Edu Lavandeira formarán parte dun coloquio no que se abordarán temas como a historia e importancia do Pan do Porriño, o traballo levado a cabo pola asociación e a importancia que supón para o Concello este elemento gastronómico tan representativo.
Tamén terán lugar mostras de showcooking con Pan do Porriño da man de Julio Mato e o “Peque Pan”, un obradoiro de pan para nenos e nenas impartido pola Asociación de Panadeiros do Porriño.
Como peche de ouro, a VI Feira do Pan do Porriño contará cun concerto da banda Somoza Trío.
Outras novas en vigoalminuto
- Los robos de móviles por la fuerza, llegan a Vigo
- Rechazo al “doble castigo” a Vigo: por su exclusión como puerto nodal y por el veto a las inversiones del Corredor Atlántico
- Cerca de 4.000 personas han pedido autorización para ir a Cíes, esta Semana Santa
- A Deputación publica as bases das axudas para clubs que participen en competicións de ámbito inferior ao estatal
- Este año en Vigo, la procesión irá por dentro
- A oposición de Fornelos denuncia a intención do Goberno local de formigonar a única zona verde da vila
Artesáns, benvidos!
Durante a celebración da feira instalarase un mercado de postos de artesanía na contorna da Praza Arquitecto Antonio Palacios. Aqueles interesados en formar parte do Mercado da VI Feira do Pan do poderán solicitar a súa inclusión no mesmo contactando coa organización no teléfono 604 044 529.