Nunha marxe de menos de 24 horas, coñecemos o orzamento do Concello -334 millóns de euros- para o ano que ven e tamén a cantidade que a Xunta anuncia que destinará a nosa cidade en 2025 -máis de 533 millóns-.
Concello de Vigo
Como adiantou o alcalde nunha nota de audio, o orzamento municipal para 2025 ascende a 334.616.000€, o que supón 18 millóns e un 5,3% máis que o ano pasado.Trátase, explica Abel Caballero, do 18º orzamento consecutivo en tempo en forma, “en consonancia coa etapa de estabilidade política que vive a cidade desde 2007″.
Débeda cero
Na súa opinión, son unhas contas impulsoras da economía, nun contexto no que é preciso utilizar o gasto público para seguir impulsando o crecemento económico e a marcha da cidade. “Se caracterizan pola solvencia económica”, dixo, “a única cidade galega con débeda cero” e o menor prazo de pago a provedores, cun prazo medio de 8,5 días.
Máis de 44,6 millóns de investimento
Os investimentos alcanzan os 44.644.462 millóns, 7,2 millóns máis que en 2024 (+16%), cando a cifra xa era “superlativa” con 37.429.215 euros, polo que o total do capítulo de inversión alcanza os 47.990.142€. Segundo estas cifras, un 14% do gasto público municipal vai destinado directamente a inversión ou o que é o mesmo “á transformación da cidade e ao impulso da economía e isto é posible porque somos bos xestores”.
Estos son os principais proxectos:
- Grada de Gol do Estadio Municipal de Balaídos.- 13 millóns (preto do 28% do total dos investimentos)
- Avenida de Madrid.- 9,15 millóns
- Vigo Vertical: ramplas mecánicas de Pintor Colmeiro e Pintor Lugrís; Paseo Granada e ascensor entre Marqués de Valterra e Torrecedeira
- Edificio de vivendas de alugueiro social na rúa Esturáns.- 1 millón
- Dotacións e material para o Corpo de Bombeiros.- 1 millón
- Biblioteca de Teis.- 900.000€
- Finca Matías.- 785.000€
- Parque na Praza Fernando Elorrieta Rey.- 765.000€
- Humanizacións de San Roque e Ruiseñor.– 700.000€
- Humanización de Cesáreo Vázquez Plan Humanización nos barrios.- 600.000€
- Mercado de Teis.- 600.000€
- Piscina de Teis.- 600.000€
- Parque de Navia.- 500.000€
- Novo parque do Berbés.- 500.000€
- Parques biosaudables e infantís.- 300.000€.
- Túnel da Porta do Sol.- 100.000€
Partidas sociais, Emprego, Turismo e Festas
- Subvencións.-34.826.350€
- Servizos Sociais e promoción social.-25,3 millóns
- Deportes.- 18.968.678€
- Cultura.- 18.544.050€
- Educación.-18.147.298€
- Festas.- 5.280.180€
- Emprego.- 5.212.586€
- Turismo, 3.505.978€
Servizos Públicos
- Educación, deporte, igualdade, benestar social.- 63,4 millóns
- Seguridade e mobilidade cidadá.- 45,2 millóns
- Medio Ambiente.-17,4 millóns
- Transporte público.-16,7 millóns
Xunta de Galicia
Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asegura que a Xunta de Galicia fará o ano 2025 un “esforzo sen precedentes” na nosa cidade. Ortiz afirma que “son unha aposta rotunda pola cidadanía viguesa e poñen o foco nas persoas e nas necesidades das familias”.
Polo miúdo, segundo os datos da propia Delegación:
- Educación.-303 millóns
- Política Social.- 103 millóns
- Vivenda.- 71 millóns dos que 42,1 están destinados a Vivenda de promoción pública e outros 15,5millóns para solo residencia, nos dous casos en Navia
- Xustiza e Deportes.- 48 millóns (cunha partida de 2,8 millóns para xustiza gratuita)
- Infraestruturas.- 26, 9 millóns (Centro Saúde Olimpia Valencia 10,9 millóns; Centro de Asociacionismo (vellos xulgados), con 10 millóns; Fondos de Cooperación Local para o Concello de Vigo 6 millóns); Teatro Fraga (1,5 millóns), ETEA (1,2 millóns), CRAPD do Meixoeiro (1,1millóns) e a senda Vigo-Ramallosa (1 millón)
- Educación.– 5,4 millóns ( en concreto CIFP Valentín Paz Andrade 2 millóns; IES Domingo Villar 1,8 millóns e CIFP Manoel Antonio 1,6 millóns)