Comarcas

Nigrán disporá do convento dos franciscanos de Vilariño, tras un acordo co Bispado

Trátase dunha cesión gratuita por 10 anos, con posibilidade de renovación

Nigrán disporá do convento dos franciscanos de Vilariño, tras un acordo co Bispado

O histórico convento dos ‘Padres Franciscanos’ de San Pedro da Ramallosa converterase antes de que acabe o ano no gran local sociocultural demandado pola veciñanza de Vilariño. As negociacións iniciadas hai dous anos coa Diocese de Vigo-Tui pecháronse cun acordo de cesión gratuíta.

Segundo o mesmo, o Concello obterá a cesión gratuíta a 10 anos, renovables, de todo o espazo anexo á capela (a parte orixinal do convento e que conflúe nun patio interior) a cambio de ocuparse do seu mantemento e realizar obras de reparación de humidades.

A esta cesión súmase a creación en 2022 dun local social no centro; o vello centro de saúde de Panxón; os antigos cines do Centro Comercial da Ramallosa e agora este convento, unha orixinal do século XVII e comprende máis dunha decena de habitacións anexas á capela, excluíndose esta.


Tamén en vigoalminuto


Historia do Convento dos Pais Franciscanos

A edificación correspóndese a un pazo construído no século XVII e pertencente a varias familias, figurando na entrada escudos da casa dos Rivera e Taboada. No ano 1905 foi comprado pola Orde Franciscana Portuguesa para convertela en casa de Formación para a Orde. Na zona sur os frailes ampliaron posteriormente o lugar cun espazo funcional e residencial para que servise de centro de formación. No 1920 o Cardeal Patriarca de Lisboa, Don José Sebastián Nieto, destinou o lugar á beneficencia. O convento e residencia pasou no 1988 a depender da Diocese de Tui-Vigo, vinculado á Parroquia de San Pedro da Ramallosa e sen frailes desde inicios dos anos 90.

Na memoria colectiva de Vilariño figura o seu líder, o portugués pai Luis de Patrocinio, enterrado na capela do convento no ano 1954 e a quen se lle atribúe unha bondade sen límtes e a capacidade de dar sorte a quen se cruzase con el, especialmente ás peixeiras da Ramallosa, que coa soa súa presenza aseguraban que vendían máis mercancía.

También te puede interesar