A Asociación de Hostaleiros de Porriño (AHOSPOR), en colaboración co Concello do Porriño e a Xunta de Galicia, presentou unha nova edición da ruta de petiscos e tapas DGusta Porriño. Este evento gastronómico, que se celebrará todos os venres e sábados de novembro, comezará esta fin de semana e ofrecerá aos asistentes unha oportunidade única para gozar da rica oferta culinaria da vila.
29 establecementos
Durante o mes de novembro, de 19:00 a 23:00 horas, os 29 establecementos que forman a ruta ofrecerán unha selección de petiscos e tapas a só 1€. A variedade de propostas garantirá que haxa opcións para todos os gustos, incluíndo alternativas veganas.
Como en edicións anteriores, os participantes terán a oportunidade de gañar premios. Por cada petisco ou tapa que proben, recibirán un selo no seu “pasaporte” especial. Ao completar catro selos, entrarán no sorteo dun bono de 500€ e 10 bonos de 50€ para gastar na hostalería e o comercio local do Porriño. Cantos máis selos consigan, máis oportunidades terán de gañar.
Tamén en vigoalminuto
- Inaugurado el segundo tramo de la humanización de la rúa Foxos, en Teis
- “Menos muros e máis pontes”, desexo do presidente da Deputación para este 2025
- El Concello destina 300.000€ para ayudar a los propietarios de pisos vacíos a reformarlos y ponerlos en alquiler
- Es posible que la Cabalgata de Reyes de Vigo se celebre en IFEVI, por la lluvia
- Atraco en la autopista
- Otra persecución por Vigo, esta vez a más de 120 km/h por Alcabre y Bouzas
Dinamizador económico
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, quixo agradecer “o esforzo de todos os bares e restaurantes que fan posible este evento único. Grazas á súa implicación e á calidade que das súas elaboracións, non só nos ofrecen unha degustación, senón tamén unha experiencia que permite coñecer e gozar a nosa vila a través da gastronomía”.
A ruta DGusta Porriño consolidouse como un importante dinamizador da economía local. Cada ano, miles de persoas participan, impulsando tanto a hostalería como o comercio.
O rexedor concluíu convidando “a todos e todas a unirse a esta viaxe de sabores únicos, creado desde o corazón do Porriño: os nosos bares, os nosos restaurantes e a nosa xente”.