O Consello da Xunta autorizou hoxe a contratación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre do 061 na área de Vigo, que inclúe os concellos de Vigo, Cangas e Moaña. Así, o contrato -que fora adxudicado en maio por un período transitorio de 6 meses, sairá a licitación cun importe de 12.560.000€ por un período de dous anos, prevéndose a posibilidade de prórroga por un período máximo de un ano. Dese xeito, o valor estimado do contrato ascende a mási de 18.840.000 €.
Dúas ambulancias máis
“A contratación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre na área de Vigo supón un importante incremento dos recursos do 061“, coa incorporación dunha ambulancia de soporte vital avanzado de enfermería, que se situará en Moaña, e dunha ambulancia de soporte vital básico en Vigo.
Esta licitación permitirá á Fundación Publica Urxencias Sanitarias de Galicia-061 finalizar a renovación de todos os contratos do servizo de transporte sanitario urxente na Comunidade.
Ademáis en vigoalminuto
- A Deputación destina 100.000€ ao MARCO para “colaborar na programación cultural estable”
- Muere en plena calle, en Vigo
- La Corte Penal Internacional ordena el arresto de Netanyahu por crímenes de guerra y lesa humanidad
- Ofertas de Empleo en Vigo
- Detenidos en Vigo, acusados de estafar más de 100.000€
- Vigo reconoce la labor desinterada y generosa de sus voluntarias y voluntarios
Vigo
Actualmente, Vigo dispón de 2 ambulancias de soporte vital avanzado medicalizadas, con base na nosa cidade e en Mos, e 6 ambulancias de soporte vital básico (tres a 24 horas e tres a 14 horas).
Esta contratación modifica as horas de operatividade dos recursos de 14 a 12 horas e “incrementa os recursos asistenciais cunha nova ambulancia de soporte vital básico que pasa a estar operativa durante as 24 horas”. Así, Vigo pasa a contar con 3 ambulancias de soporte vital básico e 4 de soporte vital avanzado.
Outras melloras do contrato
Así mesmo, apuntan dende Sanidade, “co obxectivo de mellorar a prestación do servizo incorpóranse un vehículo de substitución de soporte vital avanzado e outro de soporte vital básico”. Deste xeito, a flota de vehículos de substitución da rede de transporte sanitario urxente pasará a contar con 3 ambulancias de soporte vital básico e 2 de soporte vital avanzado.
A área sanitaria viguesa conta, ademais, 2 recursos situados en Vigo, con 2 ambulancias de soporte vital básico durante as 24 horas, unha con base en Moaña e outra con base en Cangas.