Galicia

Érguete advirte de que se suprimiu o subsidio para as persoas que saen do cárcere

“Esta pequena axuda de caracter humanitaria” melloraba as taxas de reincidencia”

Érguete advirte de que se suprimiu o subsidio para as persoas que saen do cárcere

A Rede Galega de Educacións en Prisión (Regaep), da que forma parte a Asociación Érguete, advirte que as medidas recollidas no Real Decreto Lei 2/2024 de 21 de maio, “polo que se adoptan medidas urxentes para a simplificación e mellora do nivel asistencial da protección por desemprego”, suprimen o subsidio de excarceraciónde carácter asistencial que  tiña como finalidade garantir un apoio básico a reinserción das persoas excarceradas, “o que supuña unha pequena axuda humanitaria e social, co fin de reducir os efectos negativos do encarcelamento e as taxas de reincidencia”, explican dende a Regaep. 


Outras novas


Ás colas do ingreso mínimo vital

Na Rede Galega lamentan que dende o pasado 1 de novembro, as persoas excarceradas pasan a engrosar as colas do Ingreso Mínimo Vital (IMV) e iso soamente “no mellor dos casos”. Isto provoca unha situación “de indefensión e desamparo polos requisitos, o sistema e os mecanismos de acceso a Ingreso Mínimo Vital que existen a día de hoxe”. Ademais, na Regaep tamén solicitan, “a quen corresponda”, que facilite a información relativa a este “substancial cambio que vai afectar ás persoas privadas de liberdade dos establecementos penitenciarios galegos”.

Na Regaep deseñaron unha infografía en galego e castelán para que poida estar a disposición das persoas privadas de liberdade e na que terán acceso a información importante sobre os trámites precisos para a solicitude do Ingreso Mínimo Vital que vai a substituír ao subsidio de excarceración

A Rede Galega de Educacións en Prisión está formada por un conxunto de entidades sociais que traballan en clave socioeducativa coas persoas privadas de liberdade, nos cinco centros penitenciarios e nos dous CIS de Galicia. “O noso obxectivo é reivindicar o potencial da educación como dereito e como necesidade, non só para mellorar a calidade de vida das persoas senón tamén dos contextos sociais dos que forman parte”, destacan.

También te puede interesar