Rematan as obras de saneamento no barrio de Outeiro, na parroquia de Pontellas, onde se está a acometer a nova rede de recollida de augas residuais. A obra, que abarca 1 quilómetro de nova rede, permitirá conectar un total de 25 vivendas, beneficiando directamente a preto de 100 veciños da zona.

Este proxecto de ampliación da rede de saneamento ten como obxectivo “optimizar as condicións de vida no barrio de Outeiro, garantindo un servizo eficiente e sostible para a veciñanza“. A nova rede conectarase coa infraestrutura xa existente, o que permitirá unha integración total do barrio no sistema xeral de saneamento do Consorcio.
Ademais en vigoalminuto
- Sinsal Primavera, chega a Vigo
- Detenido tras dar una paliza a una persona
- Juan Carlos I pide 50.000€ a Miguel Ángel Revilla, por unas “declaraciones injuriosas”
- Estos son los once ayuntamientos mejor valorados por los ciudadanos en 2025
- Abre o prazo para solicitar avais para a compra de vivenda, agora sen límite de idade
- Vigo Porté bate récords con 420 coreografías
160.000 euros
O proxecto foi levado a cabo polo Consorcio de Augas do Louro, cun investimento de 160.000 euros, no marco dun compromiso máis amplo do executivo local por “mellorar os servizos públicos e avanzar cara a unha conexión integral de todo o municipio á rede de saneamento”.
Así, o alcalde, Alejandro Lorenzo, salienta a importancia desta obra, “trátase dun dereito básico para todos os nosos veciños, e desde o goberno local seguimos traballando para garantir que todo o municipio conte el. Esta actuación no barrio de Outeiro é só un paso máis cara á completa integración de todas as vivendas do Porriño na rede de saneamento”.