A veciña máis lonxeva do Porriño, Bienvenida Lorenzo, celebrou o seu 102 aniversario rodeada do agarimo da súa familia, amigos e veciños. Nacida o 13 de novembro de 1922 no municipio veciño de Mos, trasladouse con tan só 18 anos ao Porriño, onde viviu ata o de hoxe.
Bienvenida é da ‘quinta’ de José Saramago, Premio Nobel de Literatura; de Manuel Fraga; de Charles Schulz, o debuxante creador de Peanuts; da actriz Ava Gadner o do xenio dos comics, Stan Leem, ademáis o seu nacemento coincidiu coa entrega do Premio Nobel de Física ao científico máis famoso do século XX: Albert Einstein.
Pero, sen dúbida, o que máis ilusión lle fai a Bienvenida é que o seu aniversario coincide co do seu bisneto Daniel, que fixo 21 anos e que celebraron xuntos esta data. Sumouse á festa Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, quen non quixo perder a ocasión de felicitala, expresarlle o agarimo de todos os seus veciños e entregarlle un ramo de flores.
“Ela é auténtica memoria viva do Porriño”, apuntou Lorenzo, “Cunha saúde admirable e unha mente aguda, goza compartindo os seus recordos e a súa sabedoría todos nós, e nós o disfrutamos se cabe máis ca ela”. Nai de catro fillos, avoa de catro netos e bisavoa de oito, Bienvenida segue sendo unha fonte de inspiración para a súa familia, a quen ensinou o valor do amor, o esforzo e a dedicación ao longo da súa vida.