O Consello da Xunta autorizou hoxe a licitación dun novo contrato de redacción de proxecto para a construción de 44 vivendas de promoción pública (VPP) en Navia, por un orzamento de máis de 411.000€.
Esta nova licitación correspóndese co cuarto contrato de redacción dos proxectos básicos e de execución e dirección de obra para a construción de novas vivendas, garaxes, rochos e locais nas parcelas do polígono 2 de San Paio de Navia, cuxas obras de urbanización están en fase de contratación, por preto de 16,4 millóns. Neste caso, proxéctanse 20 vivendas na parcela MIIIB16 e outras 24 na MIIIB18, con superficies de 675 e 785 m2 respectivamente, ás cales se engaden ás 297 vivendas de promoción pública que se construirán tamén noutras cinco parcelas do polígono 2, cuxa contratación de redacción de proxectos foron xa autorizadas polo Goberno galego.
Unha vez autorizada hoxe polo Executivo autonómico a licitación deste contrato, a Xunta licitarao nas vindeiras semanas.
Con este novo contrato, o Goberno galego ten en marcha 700 vivendas de promoción pública en Vigo, das cales 359 corresponden ao polígono 1 de San Paio de Navia e 341 vivendas de promoción pública no polígono 2.
Ademais en vigoalminuto
- Luz verde á contratación dos proxectos para construir 44 vivendas de promoción pública en Navia
- La Sociedad Española de Medicina Interna premia un trabajo de internistas vigueses
- Los hoteles de Vigo al 82% de ocupación durante el día del encendido
- El Concello transfirió 50 millones de euros a Vitrasa desde 2019
- En marcha, dende este luns, a nova campaña de control do transporte escolar
- Los precios de los billetes de avión serán un 16% más baratos en el ‘Black Friday’
1.600 vivendas protexidas
Con este novo contrato, a Xunta segue avanzando no obxectivo de habilitar 1.600 vivendas protexidas en Navia, distribuídas en tres polígonos: 733 no polígono 1, das cales 359 son vivendas de promoción pública; 719 neste polígono 2, das cales a maior parte serán de promoción pública, e coa previsión de executar outras 147 vivendas protexidas no polígono 3. Ademais, a Administración autonómica tamén investiu 24 millóns na adquisición de solo.
Primeira licenza de ampliación de Navia para un edificio de 40 vivendas
Precisamente, hai catro días, a Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo asinou a primeira licenza de ampliación de Navia para un edificio de 40 vivendas e un orzamento de 6,5 millóns, “unha mostra da vocación de cooperación total Goberno municipal para a construción de vivenda a prezo asequible”, declaraba o alcalde.
Daquela, Caballero instaba á Xunta a proceder con “celeridade” con unhas obras que deberán realizarse de forma simultánea á urbanización do polígono. Este edifico terá que ceder para uso público unha superficie de 124 m² nos soportais. O alcalde urxiu, ademais, á Xunta a acometer de forma inmediata unhas obras para as que xa hai licenza.