Comarcas

O Porriño estrea parque no Outeiro, en Atios

E ten programada a construcción doutros cinco máis

O Porriño estrea parque no Outeiro, en Atios

Os nenos e nenas de Atios xa dispoñen dun novo parque infantil no Outeiro, no barrio dos Galegos, que ata o de agora carecía dun espazo deste tipo. Este novo parque responde á “necesidade de crear e mellorar as zonas públicas de xogos para os cativos do Porriño”.

Este novo parque, no que se investiron 30.000 euros, financiouse nun 70% con fondos autonómicos e está deseñado para garantir a seguridade e diversión dos máis pequenos. A instalación realizouse sobre un firme de formigón, cuberto con céspede artificial antiestático que proporciona a amortiguación necesaria. Os elementos de xogo inclúen bambáns, un balancín, un tobogán de 1,5 metros de altura e unha mesa de xogos.

Parque biosaudable

Ademais da zona infantil, o recinto tamén alberga un parque biosaudable para adultos, con diversos elementos para promover a actividade física na poboación maior. Toda a área esta pechada perimetralmente, asegurando unha contorna segura.

Este parque enmárcase na liña de traballo do Concello do Porriño de mellorar e ampliar a rede de espazos de xogo. De feito, hai unhas semanas xa se abriu ao público un novo parque infantil en Budiño, na zona da Vacaría, preto do polígono industrial. Este conta cunha superficie de máis de 150 m2, está equipado con múltiples elementos de xogo deseñados para o disfrute da cativdada, como balancíns, un multixogo e un columpio. A instalación deste parque supuxo unha inversión de 15.000 euros, tamén cun 70% de financiación autonómica.


Ademais en vigoalminuto


Outros cinco máis

Ademais destes espazos, o Concello do Porriño xa sacou a licitación un plan de mellora de cinco parques existentes e unha área biosaudable. Este proxecto, cun orzamento base de máis de 65.000 euros, execútase ao amparo do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra e abrangue melloras nos parques da parroquia de Cans (A Graña e o río Couso), en Torneiros (Fase I e Centro Cultural Alba), A Costeira en Pontellas e A Forna en Budiño.

Entre as melloras máis destacadas inclúese o cambio do pavimento no parque da Graña, que se realizará con dúas capas de caucho. No do río Couso repararase o pavimento e instalaranse novos elementos biosaudables. No parque da Fase I, colocarase un valado para protexer a zona de xogo, e no parque da Forna instalarase céspede artificial antiestático e novos elementos de xogo.

Paa asegurar o uso adecuado dos espazos, instalaranse carteis informativos coas normas e idades recomendadas para os diferentes elementos.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, reiterou o seu “compromiso con facer do Porriño un pobo no que os nenos e nenas poidan crecer felices e se sintan orgullosos. Os recursos cos que contamos fan que non poidamos ir tan rápido como nos gustaría, pero non paramos de avanzar”.

También te puede interesar