Cultura

Vente ao teatro en Vigo: este mércores “El Kijote de Churruca”

Inspirada no clásico universal de Cervantes, coas rúas da cidade como pano de fondo

Vente ao teatro en Vigo, este mércores, “El Kijote de Churruca”

Este mércores, día 26, ás 12:30 e ás 17:30h.o Teatro EAV do CIFP Audiovisual de Vigo (R/ Edudardo Cabello S/N) acollerá a estrea de “El Kijote de Churruca”, unha obra de teatro escrita, dirixida e producida, iluminada e interpretada polo alumnado de 2º dos ciclos superiores de Realización e Produción de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos e de Iluminación, captación e tratamento de imaxe.

Trama

Inspirada no clásico universal de Cervantes, a obra presenta un enfoque contemporáneo e íntimo, retratando a vida dun hidalgo do século XX. Tras pasar oito anos nunha clínica de desintoxicación, o protagonista sae á rúa na procura de Dulcinea, a persoa que marcou o seu pasado e da que hai moito
que non sabe nada. As luces das farolas e os leds dos bares de Churruca convértense no pano de fondo desta historia de amor e desamor.


Tamén en vigoalminuto


Todo da man do alumnado

“El Kijote de Churruca” é unha mostra do talento e esforzo colectivo do alumnado, que asume os diferentes roles necesarios para levar á escena esta singular proposta teatral. A obra promete emocionar ao público con momentos de reflexión e intensidade dramática, nun contexto urbano e actual.

A entrada ao evento é aberta ata completar aforo. “Invitamos a toda a comunidade educativa a formar parte deste fermoso reto teatral”.

You may also like