Destacados Internacional

As Forzas Armadas de Venezuela espállanse na fronteira con Colombia e avisan que están listas para rexeitar un posible ataque

Hugo ChávezO Exército de Venezuela ven de advertir a Colombia que está preparado para rexeitar calquera ataque deste país logo de que o goberno colombiano denunciase ante a Organización de Estados Americanos (OEA) que Hugo Chávez protexe a 1.500 guerrilleiros das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) e do Exército de Liberación Nacional (ELN).

As devanditas acusacións levaron ás autoridades venezolanas a cortar as relacións con Colombia e dar 72 horas aos seus representantes diplomáticos para sair do país. O seguinte paso na escalada de tensión foi o despliegue de centenares de soldados nos pasos fronteirizos.

Estos, e a ponte aérea entre Bogotá e Caracas, funcionan, ademáis, aínda que a embaixada colombiana está pechada o consulado na capital despacha sen problemas o cal é unha novidade logo de que o goberno do novo presidente Santos difundise vídeos, fotos  de supostos campamentos de revolucionarios colombianos en Venezuela onde, asegurou, preparan ataques contra o seu país.

También te puede interesar