Vigo al minuto

Os gatos vigueses salvarán as súas nove vidas pero non os seus atributos

Xaula gatosTal e como estaba previsto, o Concello instalou xa as xaulas de atrape en distintos puntos da cidade para proceder á esterilización e posterior solta dos gatos salvaxes. O plan é fruto dun convenio de colaboración asinado entre o Concello, os colexios de Biólogos de Galicia e de Veterinarios de Pontevedra e a Sociedade Protectora de Animais e Prantas de Vigo.

A idea, tal e como se acordou o pasado mes de xuño, é reducir o crecemento das colonias evitando a reproducción e as molestias que poidan chegar a ocasionar os gatos en celo, unha medida que é levada a cabo con éxito en grandes cidades españolas.

Para poder levar adiante o proxecto xa se equiparon os quirófanos e se compraron as xaulas de atrape para que os animais poidan ser esterilizados nas instalacións municipais. A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, lembrou que ata o de agora o seu departamento leva destinado 400.000 € á mellora da protetora municipal. Tamén incidiu en que as instalacións municipais contan agora cun quirófano onde realizar as esterilizacións, unha mellora que supuxo un investimento de 36.000 €.

También te puede interesar