Abanca é a primeira entidade financeira española en integrar a intelixencia artificial xerativa (IAX) na atención das consultas dos seus clientes e non clientes. Este servizo arrancou xa de xeito limitado para un grupo de clientes e estenderase nas vindeiras semanas coa vista posta en estar totalmente dispoñible para calquera usuario, sexa cliente ou non, no mes de decembro.

Así, as respostas que ofrece esta nova canle de comunicación –SOFia– están dirixidas a axilizar a atención ás dúbidas e consultas dos usuarios sobre a información dispoñible na web dun xeito próximo. Este servizo de intelixencia artificial xerativa non opera directamente nin ofrece información sobre os produtos contratados nin datos persoais dos usuarios.
“En termos prácticos, recibirán unha resposta afinada sobre o que demandan e, se precisan ampliar a información recibida, serán dirixidos aos diferentes espazos da páxina web de Abanca, onde poderán continuar coa operación con total seguridade”, apuntan dende a entidade.
Ademais en vigoalminuto
- Zona Franca estudia un nuevo lugar para el World Car Center, ante la imposibilidad de construirlo en Portanet
- Música, cultura e gastronomía abren, este sábado, as festas de San Telmo, en Tui
- Diminúe a incidencia da gripe… aínda que non hai que confiarse
- Cancelada una fiesta rave en Mos, tras la intervención policial
- El tren entre Vigo-Santiago-A Coruña, el más demandado de la red ferroviaria española
- El crimen organizado dispara los hurtos en Semana Santa
Resposta inmediata e sempre dispoñible
Neste sentido, calquera usuario que queira utilizar o servizo simplemente ten que iniciar unha conversación co asistente, utilizando unha linguaxe natural. “O novo desenvolvemento é capaz de interpretar o significado e o contexto da consulta e buscar entre miles de páxinas ou repositorios de preguntas frecuentes do banco”. Non ofrece contestacións predefinidas, senón que crea unha resposta inmediata segundo as necesidades expresadas por cada cliente e o contexto.
O servizo está dispoñible en calquera momento e permite aos clientes chatear en diferentes idiomas.