Comarcas

Redondela acende este xoves as luces de Nadal

Con 895.000 leds

Redondela acende este xoves as luces de Nadal

Redondela celebra este xoves, 5 de decembro, o acendido das luces de Nadal cun gran espectáculo. A praza do Concello e as rúas do centro da vila acollerán o pasarrúas “Meninas”, da compañía Yera Teatro desde as 19.00 horas. Trátase dunha proposta con marionetas xigantes, a estética lembra aos traxes de época con grandes cadeiras, tipo “Menina”, cun acompañamento musical creado para a ocasión. 

O percorrido deste espectáculo itinerante comezará na Praza de Ribadavia. A Coca Simona será outra das protagonistas da xornada, acompañando o pasarrúas e facendo as delicias dos nenos e nenas.

895.000 luces led

De contado chegará o acendido das luces, previsto para as 20.00 horas, que ocuparán 5.000 metros cadrados, con 600 elementos decorativos, 200 arcos e 895.000 luces led. A iluminación de Nadal, como en anos anteriores, non se limitará aos núcleos urbanos senón que “se estenderá por todas as parroquias do municipio con figuras decorativas nas rúas, prazas, alamedas, xardíns e elementos singulares como o mercado municipal ou o antigo viaduto.


Outras novas en vigoalminuto


Novo auditorio ao aire libre e unha renovada praza na contorna do edificio de Don Pancho

Doutra banda, o Concello proxecta Transformar a contorna do edificio de Don Pancho, que acollerá o futuro Viveiro de Empresas no que xa traballa Zona Franca. Trátase dun céntrico espazo da vila, na intersección da Avenida Ernestina Otero e a Rúa Miña, cara ao interior do tecido urbano.

A idea, presentada ao Plan Extra da Deputación de Pontevedra, consiste na remodelación integral do espazo entre os edificios existentes e a praza pública coñecida como “praza da Petanca”. A actuación contempla a creación dun auditorio ao aire libre na parte traseira do edificio de pedra, unha nova praza pública na parte dianteira, e a instalación dun ascensor para salvar o gran desnivel da zona, o que permitirá o acceso á rúa Subida á Estación Vella.

O obxectivo principal desta actuación é “revitalizar un espazo que actualmente se limita a unha zona de paso para crear unha nova área de esparexemento e convivencia no centro da vila que será un referente urbano”. A instalación do ascensor permitirá resolver “un gran problema de mobilidade nesta zona, conectado de xeito accesible a parte baixa e parte alta, que ten unha elevadísima pendente”. O estudo Naos Arquitectura, encargado de redactar o proxecto, explica que o propósito é “outorgar coherencia e uniformidade a toda a praza e ao espazo situado fronte ao edificio existente”.  A superficie total da actuación é de 2.296 m², cun orzamento de 877.438 euros.

Praza pública renovada

Na zona da praza consérvase a árbore existente e tamén a pérgola cunha parra. O proxecto contempla a instalación de novos pavimentos e vexetación, tanto na parte dianteira como no lateral do edificio de Don Pancho. A praza servirá de antesala a o novo Viveiro de Empresas que xa ten e marcha Zona Franca. Haberá distintas zonas verdes e unha bancada forrada en madeira.  Tamén se engadirán módulos para aparcar bicicletas, papeleiras e nova iluminación. Substituiranse as luminarias existentes por un novas tipo LED de maior eficiencia enerxética, de baixo consumo e gran duración.

Auditorio ao aire libre

Na parte posterior da parcela prevese a construción dunha bancada aproveitando a pendente natural do terreo. Crearanse terrazas para transformar a zona nun auditorio ao aire libre para eventos e actividades promovidas en Redondela. Actualmente o espazo xa se utiliza como escenario para actuacións do Festival Internacional de Títeres. A bancada será de formigón forrada en madeira e materase a vexetación incluíndo novos arbustos e árbores.

Ascensor

Un ascensor de aceiro, vidro e aluminio permitirá salvar o gran desnivel da zona e mellorar a mobilidade. O elevador unirá verticalmente a avenida Ernestina Otero coa rúa Subida á Estación. Nesta parte alta hai un centro de día, unha escola infantil e un centro de fisioterapia, ademais de moitas vivendas.

You may also like