É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másContador desenfunda a ‘pistola’ para disparar ao seu terceiro Tour de Francia
Hoxe farase a súa terceira fotografía nos Campos Elíseos coma gañador do Tour de Francia. Alberto Contador, chamado a ser o mellor ciclista español de todos os tempos, deixou sentenciada onte a carreira logo de rematar a contrarreloj entre Burdeos y Pauillac a 31 segundos do segundo clasificado na xeral, Andy Scheleck, ao que antes da proba sacaba só 8 segundos.
Nembargantes, neste caso, o reto non foi doado: durante os 52 kilómetros, tal e coma recoñeceu o deportista de Pinto, veu perigrar o trunfa a causa dun benito de costado que fixo que nalgún momento Scheleck recortase a diferenza a tan só 2 segundos, que Contador foi ampliando a base dun “enorme sufrimiento”, tal e coma manifestó ao chegar á meta.
O sexto español en gañar a proba francesa, foi tamén, en 2007, o máis novo en facelo. En 2008 fixo ‘doblete’ levándose o Giro e a Volta a España, en 2009 alzouse co seus segundo Tour. Contador é tamén o único español e un dos cinco ciclistas, xunto con Jacques Anquetil, Bernard Hinault, Felice Gimondi e Eddy Merkx, que venceu nas tres grandes probas mundiais por etapas, un logro non acadado nen polo mismísimo Miguel Indurain, cinco veces gañador da proba francesa.