Para “gañar tempo e compaxinar os últimos trámites para comezar o antes posible a construción
A Xunta de Galicia remitiu este martes ao Concello de Vigo, para concesión de licenza, o proxecto básico para a construción do Instituto IES Domingo Villar, no barrio de Navia. Desde que se contrate a obra e se conte coa licenza municipal, o prazo de execución será de 24 meses.
Compre lembrar que o Consello da Xunta informou, a semana pasada, o proxecto básico realizado pola Unión Temporal de Empresas Iglesias Veiga Arquitectos e Mestura Arquitectos. Agora, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP envíao ao Concello para obter a preceptiva licenza de obra, coa finalidade de “gañar tempo e compaxinar os últimos trámites para comezar o antes posible a construción”. Mentres, ultima o proxecto de execución co obxectivo de licitar, adxudicar e comezar as obras en 2025.
Tamén en vigoalminuto
- Povisa implanta su primer marcapasos sin cables
- Entrega a la Policía Local una bolsa con casi 2.000€ que encontró en el Concello
- Educación remite ao Concello de Vigo o proxecto do IES Domingo Villar, para obter licenza de obra
- “Todo vintage a 10 pavos”: llega a Vigo el mercado de ropa más loco de España
- El juez manda a prisión a los presuntos autores de varios atracos en Nigrán
- Rescatan a un hombre que se había caído en su casa de la Avenida de Madrid
700 alumnos e alumnas
Como informara vigoalminuto, o instituto Domingo Villar, o primeiro de Galicia deseñado seguindo os parámetros académicos, tecnolóxicos e de sostibilidade recollidos no Plan de nova arquitectura pedagóxica, conta cun investimento de 19 millóns, un 36% máis do previsto.
Terá capacidade para arredor de 700 alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato e ocupará unha superficie total de preto de 8.200 m², divididos en edificio principal de aulario, ximnasio, espazos complementarios e biblioteca.
Eficiencia e integración na contorna
AsÍ, na procura da eficiencia enerxética, as carpinterías exteriores na fachada sur das zonas en contacto cos patios contan cun beiril que protexe da incidencia solar cando este está alto, o que permite a entrada de luz e ganancias térmicas nos meses fríos e limitan o sobrequecemento no período estival. Ademais, todas as aulas e zonas sensibles dispoñen de protección acústica, debido á proximidade da vía de alta capacidade.
Así mesmo, o proxecto integra a masa arbórea situada ao norte da parcela, “de especies autóctonas con valor ambiental e paisaxístico“. Este espazo funcionará como eixo vertebrador das circulacións do novo centro e como un patio verde.
Ademais, para separar o centro da vía de alta capacidade próxima, proxéctase un talude vexetal e unha barreira de árbores novas. O centro estará dotado tamén cunha zona de aparcamento de bicicletas, inmediata ás novas ciclovías do barrio de Navia, “para apoiar a nova mobilidade de proximidade”.
Accesibilidade e inclusión
Do mesmo xeito, o novo edificio será accesible e inclusivo, evitando as barreiras ás persoas con mobilidade reducida e eliminando factores discriminatorios. Prevese a colocación de sinalética e grafismos de tamaño e cor moi visibles que aclaren os itinerarios dentro do edificio.