O Bloque Nacionalista Galego denuncia a desaparición do lavadoiro histórico e de danos na fonte da Barroca, a máis antiga de Vigo, por causa das obras no Barrio do Cura. A fronte nacionalista pide aclarar se o Goberno de Abel Caballero autorizou estas actuacións sobre elementos catalogados como de “interese histórico alto” no Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Vello.
Así o alertou este xoves o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, recollendo denuncias veciñais sobre as afectacións dos traballos da futura urbanización no patrimonio histórico. “Diante da opacidade coa que se perpetrou esta actuación, o BNG imos dirixirnos de inmediato á concellaría de Patrimonio para esixir explicacións”, afirmou.
Tamén en vigoalminuto
- Nuevo éxito de los Trasnos de Vigo: diez jugadores sub 15 llamados por la Selección Gallega
- Vigo Contra el Cáncer dona 38.000 euros al proyecto GALICÉRVIX
- Detenido un hacker que logró acceder a la Fábrica de la Moneda, el Ministerio de Defensa o la base de datos de la OTAN
- Seguiremos con cielos despejados
- Los afiliados del PP pondrán a Sánchez al frente del partido en Vigo
- Llega el ‘apocalipsis’, llega ‘Survival Zombie’
Desmantelamento
Dende o Bloque cualificaron de “grave” o desmantelamento completo do lavadoiro de Poboadores, catalogado como peza singular. “Non quedou rastro deste elemento e vemos con enorme preocupación a presenza de entullos na súa base que alertan do risco de que se teñan producido danos nas pezas retiradas”, subliñou Igrexas.
Por este motivo, o portavoz municipal nacionalista demandou ao Goberno local que aclare se esta retirada contou coas autorizacións preceptivas e se foi realizada atendendo a normativa de protección patrimonial e baixo supervisión municipal, así como información do lugar onde foron trasladados estes elementos, como se están a conservar e o lugar onde se van repoñer.
Fonte da Barroca
Na mesma liña, o nacionalista denunciou os danos provocados sobre a fonte da Barroca, catalogada como a máis antiga de Vigo, e que conta tamén con protección que prohibe alteracións sobre a mesma. “Sería unha verdadeira aberración que as obras dunha nova urbanización VIP no Barrio do Cura poñan en risco elementos tan valiosos do patrimonio histórico da nosa cidade”, remachou Igrexas.