A Travesía de Foz viviuse intensamente na mariña lucense cun gran éxito de participación e co tempo a favor, o público animouse a presenciar esta bonita competición que chegaba a súa 48 edición. Onte, os K-4 e os C-4 medían as súas forzas nunha proba para a XV Copa Galega de Ríos e Travesías na que tiveron que percorrer 9 quilómetros.
Os mellores da tarde na clasificación por clubes foron o Club Piragüismo As Torres Romaría Vikinga de Catoira con 733 puntos, seguido do Escola Piragüismo Ciudad de Pontevedra (509 punto) e o Club Breogán do Grove (321 puntos).