A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, avanzou este venres que o comité executivo do organismo autónomo aprobou a compra dun novo inmoble no Berbés por un importe de 315.000 euros para a súa rehabilitación. Esta reforma permitirá construír novas vivendas no barrio histórico, onde o CCVV xa adquiriu outros 12 edificios.
Ortiz sinalou que o Consorcio, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e un 10% polo Concello, autorizou a compra do edificio situado no número 9 da Ribeira do Berbés, entre o Edifico Redeiras da Universidade de Vigo e o Albergue Público de Peregrinos. Trátase dun inmoble de catro andares cunha superficie de 61 metros cadrados por planta.
“Pechamos con esta adquisición un ano histórico no que cumprimos o compromiso de dar vida ao barrio para lograr unha rehabilitación integral do Casco Vello no menor tempo posible”, sinalou a responsable do Consorcio e delegada da Xunta en Vigo.
Dous edificios
Así, Ortiz lembrou que para a recuperación do Berbés xa levouse a cabo nos últimos meses a compra de dous edificios situados nos número 25 e 27. “É unha das mellores noticias que podiamos dar aos vigueses: construción de vivenda de protección e rehabilitación do Casco Vello“.
Tamén en vigoalminuto
- Detenida en Tahití la tripulación de un barco con base en Vigo que llevaba 524 kilos de cocaína
- Leviatans, en Vigo
- El Gobieno local licita por 3,3 millones las rampas mecánicas del Paseo de Granada, junto al Concello
- O Consorcio do Casco Vello pecha 2024 comprando o edificio do número 9 do Berbés
- El alcalde de Nueva York, en Vigo
- El ascensor inclinado de Juan Ramón Jiménez funcionará durante 2 semanas
“Un dos mellores exemplos”
A delegada tamén fixo fincapé en que o Consorcio Casco Vello de Vigo é “un dos mellores exemplos do traballo continuado que realizamos en favor da cidadanía viguesa cando non se lle poñen trabas”. Indicou igualmente que o labor xa é visible en “rúas enteiras como as do Casco Vello Alto que locen agora como nunca, con decenas de emprendedores e negocios que decidiron que o seu futuro está no barrio histórico”.
Respecto dos plans de futuro do CCVV destacou que en 2025 avanzarán as obras de rehabilitación dos edificios da rúa Elduayen 39-Ferrería 16 (cinco vivendas de protección autonómica e un local comercial), da rúa Hortas 2-4-San Sebastián 20 (dúas vivendas) e do inmoble da Ribeira do Berbés 39-San Francisco 2 (dúas vivendas).