O pico de casos de gripe en Galicia chegará entre os días 20 e 26 deste mes. Esa é a estimación da Consellería de Sanidade, logo de detectar un incrento dun 21% de casos entre a penúltima e a última semana do pasado ano 2024. Así mesmo, hai unha subida da asistencia de pacientes ás Urxencias e consultas de Atención Primaria.
Polo que ten que ver coa Covid-19, a súa incidencia segue estable e non se detecta a do virus respiratorio sincitial (VRS), logo da segunda campaña de vacinación en bebés, iniciada, como informara vigoalminuto, o pasado mes de setembro.
Tamén en vigoalminuto
- El Concello restaura la Praia do Baluarte, en Coruxo, para frenar la pérdida de superficie arenosa
- Licitado un novo treito da Autovía AG-42 Tui- A Guarda
- AEMOS lanza el curso de inglés ‘Level up your bussiness english skills’, mira como anotarte
- Detenidos tras atracar a un taxista a punta de navaja
Segue a campaña de vacinación da gripe
Dende o SERGAS apuntan que a campaña de inmunización fronte á gripe non acabou. Así, segundo os datos oficiais até o día 4 de xaneiro, publicados na web do Observatorio de Saúde Pública de Galicia, sinalan que hai 769.415 persoas vacinadas e un 74,25% de inmunizados entre os maiores de 65 anos.
Entre os nenos de entre 6 e os 59 meses esta porcentaxe, está no 61,56%, moito menos en mulleres embarazadas -o 35,06%- e apenas un 48% entre o persoal sanitario.