A compañía internacional de mensaxería e paquetería GLS vén de comezar operacións na nova plataforma loxística aberta no polígono do Rebullón, desde onde xa operan para toda a comarca.
GLS e a Comunidade de Montes de Tameiga rubricaron o contrato para que a multinacional se instalase nunha nave de 2.000 metros cadrados, unha nova instalación deseñada con tecnoloxía avanzada e sistemas automatizados que optimizan a eficiencia do proceso.
‘Completo’
Con esta sinatura, a Comunidade de Montes de Tameiga comeza o ano 2025 colgando o cartel de completo en todos os seus espazos industriais, tanto aquí como no parque empresarial de Monte Faquiña.
Para o seu presidente, César Lago, a chegada de GLS é “unha boa nova, un paso máis na política desta entidade de xerar economía e emprego en Tameiga e en Mos”. Pola súa banda, ter todos os espazos industriais ocupados “amosa a xestión lóxica e responsable que estamos a facer na política económica e que imos continuar aplicando no 2025”.
Así, coas empresas que operan nos polígonos, a Comunidade de Montes está a aplicar o “modelo Copo”, é dicir, o modus operandi que propiciou a recente sinatura coa empresa de compoñentes da automoción: “sentarse a negociar en pé de igualdade, con responsabilidade e pensando no ben común, comprendendo que cada quen defende o seu interese, mais sempre con respecto mutuo e desde posicións razoables. Así fixémolo con Copo e con máis de vinte empresas, e funcionou”, apunta César Lago.
Tamén en vigoalminuto
- Luar Na Lubre presentará en Vigo o seu último traballo con cancións emblemáticas
- El alcalde anuncia, con Vigo a 8 grados, que la ciudad optará a 13 banderas azules,este verano
- Tres individuos de entre 31 y 65 años, interceptados cuando conducían borrachos por Vigo
- Estreno de ’50 sombras, el musical’ en el Auditorio Mar de Vigo
- Siete detenidos y decomisada una importante cantidad de cocaína y una lancha, en una operación contra el narcotráfico
- A multinacional da paquetería GLS escolle o polígono do Rebullón para a súa nova plataforma loxística
A plataforma loxística de GLS
GLS escolleu a nave do polígono industrial do Rebullón para a súa nova plataforma loxística, entre outras razóns, polo seu emprazamento estratéxico, con acceso directo á AP-9 e á A-52.
A instalación ocupa uns 2.000 m2 de superficie total, cun entorno funcional e unha zona de oficinas distribuída en dúas plantas. Na nave, GLS aplicou sistemas innovadores, como unha cinta con retorno a granel e un pop-up eléctrico, deseñados para facilitar a xestión dun elevado volume de paquetes de forma eficiente. A cinta de clasificación automatizada é quen de procesar desde Mos ata 3.000 paquetes por hora.