Galicia

Luisa Sánchez adianta aos colectivos veciñais de Vigo que a Deputación destinará 2,4 millóns a programas de Acción Comunitaria

Un 20% máis que o ano pasado

Luisa Sánchez adianta aos colectivos veciñais de Vigo que a Deputación destinará 2,4 millóns a programas de Acción Comunitaria

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acompañada do deputado provincial Javier Tourís, reuniuse esta tarde co movemento asociativo e veciñal de Vigo para informalo sobre as bases dos programas que impulsará a área de Acción Comunitaria durante o ano 2025: Provincia Comunitaria e +Aqua, que repiten trala grande acollida das súas primeiras edicións, e o novo +Novaqua. En conxunto, recibirán un orzamento inicial de 2,4 millóns de euros, un 20% superior ao do pasado ano.

Colectivos veciñais

Luisa Sánchez puxo en valor estes programas para a cidade, “fervedoiro do movemento asociativo veciñal de Galicia”, ao poñer o acento nos colectivos veciñais, “nas entidades que están día a día en contacto coa cidadanía, traballando para mellorar a súa calidade de vida, para fomentar a súa participación social, ofrecéndolles un amplo abano de actividades”.

Neste eido lembrou que o pasado ano foron 12 as entidades de Vigo que se beneficiaron dos programas de Acción Comunitaria da Deputación, con preto de 120.000 euros de recursos.

  • No caso do Plan de Acción Comunitaria, tal e como detallou Sánchez, foron sete as asociacións da cidade que recibiron 68.000 euros para realizar actuacións nos locais das asociacións, dotalas de equipamentos informáticos e mellores espazos, realizar melloras en auditorios ou obras de eficiencia enerxética e reparacións
  • Polo que respecta ao +Aqua, a vicepresidenta lembrou que foron cinco as comunidades de augas beneficiadas de 50.000 euros para mellorar o control, a calidade e a xestión da auga, ou os depósitos e captacións de auga

Tamén en vigoalminuto


Publicadas as bases

Pola súa banda Javier Tourís lembrou que “as bases dos programas de Acción Comunitaria xa están publicadas e os colectivos xa poden optar ás axudas, nun ano no que temos máis programas, máis recursos e máis potenciais beneficiarios”

Tamén remarcou que “sabíamos que era unha necesidade e unha conta pendente da Deputación despois de oito anos ignorando o tecido asociativo, sen plans específicos de axudas para os seus proxectos”. Por iso “era unha obriga recuperación a colaboración e seguir avanzando na modernización do noso territorio, e estes programas son xa unha figura clave na cohesión e o equilibrio territorial da provincia”.

O deputado destacou novidades como a simplificación administrativa dos plans así como a captación de fondos estatais, cos que “somos un referente en España na atención ao movemento veciñal e imos consolidar o noso modelo”.

Te podría interesar