Galicia

“Inminente” apertura do concurso público para alugar un novo local no Casco Vello

Os vinte xa adxudicados teñen uns prezos de entre 70 e 225€

“Inminente" apertura do concurso público para alugar un novo local no Casco Vello

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, visitou este luns o novo local comercial que sairá a consurso público de forma “inminente” tras a rehabilitación do edifico situado en Elduayen 31 e cuxas vivendas foron adxudicadas o pasado mes de novembro.

Durante o percorrido polo baixo xa reformado, a representante autonómica avanzou que o consello de administración do CCVV ten previsto aprobar o concurso na vindeira sesión do presente mes de xaneiro. “Damos un paso máis para reactivar o barrio histórico vigués, xa contamos cun total de 36 locais reformados para dinamizar a zona e fomentar o comercio de proximidade”, sinalou.


Outras novas


29 locais en funcionamento

Segundo explicou Ortiz, o baixo conta con 106,95 metros cadrados con fachada cara a rúa Elduayen. “A iniciativa permitirá incorporar un novo emprendedor a unha zona que xa conta cunha grande actividade e con todo tipo de negocios”, sinalou. Actualmente existen 29 locais con actividade empresarial, desde artesanos a autónomos, profesionais liberais, editorais e colectivos culturais. Outros seis locais reformados polo CCVV pertencen a asociacións empresariais e a opcións de compra exercidas polo inquilino, ademais do Rexistro Civil adquirido poloa Consellería de Presidencia.

Prezos de 70 a 225€

O Consorcio xa levara a cabo en xuño de 2022 o concurso de alugueiro dos vinte locais con prezos que ían dos 70 euros (rúa San Sebastián, 8) o máis barato ata os 255 euros o máis caro (Subida á Costa, 5). Catro dos baixos comerciais concentraron a maioría do centenar de ofertas e recibiron un total de 44 propostas.

Este proceso continuará agora coa posiblidade de adxudicación do local de Elduayen 31, tal e como recolle o prego de condicións. Así, este mes aprobarase no consello de administración do CCVV e, tras a certificación, haberá un mes de prazo para que os interesados presenten a súa proposta.

Te podría interesar