Os coros non só miran ao clásico. Baixo o nome de ‘Belle Pop’, a Coral Casablanca da esta noite (22:30 horas) un concerto no auditorio de Castrelos no que fará un percorrido por algunha das cancións máis coñecidas do pop español en versión sinfónico-vocal e cunha adaptación espectacular. Innovación e calidade coa que chegar a todos os públicos e idades.
Máis de 100 voces acompañadas por unha orquestra de 50 mestres coa que se repasarán cancións emblemáticas. O acceso será de balde, pero con invitacións que estarán dispoñibles para os interesados dende as 20:30 horas no despacho de billetes de Castrelos ata que se agoten.
Os que asistan poderán escoitar algúns dos temas máis representativos do pop desde os anos 70 con cancións de Serrat, Los Secretos, Aute, Joaquín Sabina, Mecano, Antonio Flores…