O BNG de Redondela vén de decidir no seu Consello Local dar por pechada calquera negociación co PSOE de Redondela. Explican desde a organización que esta decisión é consecuencia directa dos “incumprimentos reiterados do acordo de investidura por parte do PSOE local“.
“Autoritaria”
Sinalan que a forma de actuar do goberno do PSOE foi “autoritaria desde os primeiros meses e afastada do diálogo, sendo incapaces de cumprir ningún dos acordos asinados co BNG“. Pola contra, durante este case ano e medio de mandato, o BNG mantén que estivo disposto a negociar e falar para levar calquera tema adiante no Pleno,” como demostrou durante estes meses apoiando diversas iniciativas do goberno”.
Desde o BNG levan meses alertando o PSOE desta situación, pero continúan nos mesmos posicionamentos autoritarios, polo que, como declara o seu voceiro municipal, Xoán Carlos González, “non podemos seguir confiando en quen non cumpre a maioría dos acordos“.
Apoio de investidura á candidatura de Digna Rivas, logo de perder as Eleccións Municipais
O BNG ofreceu o seu apoio ao Partido Socialista despois das eleccións de 2023- que gañou o Partido Popular quedando a poucos votos da maioría -co “único obxectivo de mellorar a vida dos veciños e veciñas do noso concello”. Aínda así, apuntan os nacionalistas, a realidade foi ben distinta, xa que o PSOE non só incumpriu de forma sistemática gran parte dos acordos, senón que “actuou durante este ano e medio como se tivese unha maioría absoluta que nunca obtivo por parte da veciñanza de Redondela”.
Outras novas
- El Concello tendrá que pagar 2 millones por el concierto de Guns N’Roses
- Vigo, referencia internacional en ciberseguridad
- Un individuo de 22 años, detenido por amenazar a sus padres con un cuchillo
- Los centros de mayores dependientes de la Xunta prescinden de las Enfermeras 24 horas
- Madeleine Peyroux, este sábado en el Mar de Vigo
- Tres equipos da Universidade de Vigo reciben o premio á mellor investigación de Galicia
“O PSOE decidiu traizoar á veciñanza”
Así, subliñan dende o Bloque, “o PSOE de Redondela decidiu afastarse do diálogo e traizoar a veciñanza e ao BNG nalgúns proxectos xa acordados nos últimos anos”, como a reforma dos accesos á estrada de Porto Cabeiro ou os accesos ao colexio A Igrexa en Chapela. Tampouco respectaron un dos puntos máis importantes do acordo de investidura: a aprobación dos orzamentos no mes de decembro ou a negociación de calquera proxecto de máis de 300.000€ .
“O PSOE de Redondela decide todo como se tivesen maioría absoluta e non están a negociar co BNG os orzamentos municipais ou os investimentos máis importantes do concello que superen os 300.000”, declara o voceiro municipal, Xoán Carlos González.
Ante este desleixo ao BNG, a reunión do Consello Local celebrado este luns acordou que é o momento de desvincularse totalmente do PSOE porque “é imposible continuar confiando nun Partido Socialista xordo, que non escoita”.
Por último, dende o Bloque Nacionalista Galego aseguran que encaran esta nova etapa con entusiasmo e seriedade porque continuarán a traballar desde a oposición, como sempre fixo neste mandato, achegando iniciativas para que a vida dos e das redondeláns mellore.
E tamén:
- AER denuncia que para a alcaldesa non é unha prioridade cumprir os acordos de Goberno
- Redondela perde outros 438.000€ en subvencións
- Denuncian que o Goberno de Redondela perdeu outros 50.000€ en subvencións
- Redondela perde unha subvención de 500.000€
- Denuncian a actitude machista da alcaldesa de Redondela coa concelleira Ana Alonso
- Continúan as discrepancias no Goberno local de Redondela polas árbores da Avenida Mendiño
- As bolsas de comedor de Redondela chegan preto de 4 meses despois de comezar o curso escolar
- O BNG de Redondela non entrará no Goberno de Rivas que “se amosa feble e non promete estabilidade”
- Crisis en el Gobierno de Redondela apenas diez días después de tomar posesión