O Concello de Porriño vén de efectuar a compra de tres parcelas na contorna do centro social para completar o proxecto de humanización e creación dunha gran zona verde no centro urbano que unirá as rúas Pío XII e Antonio Palacios.
Así, o alcalde, Alejandro Lorenzo, asinou cos propietarios os contratos de adquisición dos terreos por un importe total de 213.081 euros. A superficie que abranguen as tres parcelas suman 933,6 metros cadrados e serán claves para continuar as obras xa en marcha e que suporán a consecución deste gran espazo público. “Dende o Concello agradecemos a boa disposición dos propietarios para poñer á venda cadansúa parcela”, sinala o alcalde. “Una acción que beneficiará, sen dúbida, a toda a veciñanza do Porriño que, en breve, poderá desfrutar deste gran parque en pleno casco urbano”.


Máis mobilidade peonil e zonas verdes no centro urbano
Máis polo miúdo, este proxecto consiste na creación dun espazo pensado para dar prioridade á mobilidade peonil e máis importancia ás zonas verdes, ao tempo que se limita o paso de vehículos.
Para conseguilo prevese a creación dunha sona continua, accesible e verde, na que se habilitará a comunicación peonil entre ámbalas dúas rúas, crearanse novas zonas de convivencia baixo a sombra de diversas especies arbóreas.
Ademais, buscarase a apertura da contorna do centro social coa rúa e o parque e executarase a renovación integral da zona de ocio infantil con novos elementos de xogo para a cativada. Ao mesmo tempo, o firme da rúa Pío XII será renovado, xunto coas redes de servizos e dotarase dunha plataforma única que conecte coa nova zona verde; reducirase o tráfico rodado e tamén a velocidade de circulación.
Tamén en vigoalminuto
- Zona Franca estudia un nuevo lugar para el World Car Center, ante la imposibilidad de construirlo en Portanet
- Música, cultura e gastronomía abren, este sábado, as festas de San Telmo, en Tui
- Diminúe a incidencia da gripe… aínda que non hai que confiarse
- Cancelada una fiesta rave en Mos, tras la intervención policial
- El tren entre Vigo-Santiago-A Coruña, el más demandado de la red ferroviaria española
- El crimen organizado dispara los hurtos en Semana Santa
Cinco vivendas reciben as primeiras axudas de 2.000€ para conectarse á rede de saneamento
Doutra banda, cinco son os primeiros beneficiarios da liña de axudas para a instalación de sistemas de bombeo individual convocada polo Concello. Cada un deles recibirá ata 2.000 euros para executar as obras que suporán o enganche da súa vivenda á rede de saneamento do Louro. Trátase de vivendas situadas topograficamente por debaixo da rasante do vial polo que discorre dita tubaxe, o que fai necesaria a instalación dun sistemas de bombeo.

Esta é a primeira liña de axudas deste tipo convocada en Galicia e contou cun orzamento total de 108.000 euros, outorgándose tantas concesións como solicitudes foron recibidas.
Por medio delas, os beneficiarios percibirán ata o 80% do importe total concedido como anticipo de fondos, mentres que o 20% restante abonarase unha vez que se acredite o cumprimento da obra.
As axudas cobren diversos aspectos relacionados coa instalación do sistema de bombeo, incluíndo a execución ou adaptación do pozo ou arqueta onde se instalará o equipo, así como a adquisición, instalación e posta en funcionamento do mesmo, cadro de mando e instalación eléctrica.