Deportes Vigo al minuto

Non había equipos preto que xogarán contra Qatar

Pablo Valle e Kuka son dous dos xogadores que estarán na selección. Fotos: Coruxo FC.
Pablo Valle e Kuka son dous dos xogadores que estarán na selección. Fotos: Coruxo FC.

Vigo recupera o fútbol sala internacional este verán. Tras vibrar coa Supercopa de España, agora a quenda é do novo Trofeo Concellería de Deportes que xogarán a partido único a selección de Vigo e a selección nacional de Qatar esta noite a partir das 21 horas no pavillón de Coia con entrada gratuita. A base da preselección viguesa está formada por dous xogadores do Autos Lobelles santiagués (Pola e Juan Portas) e cinco do Coruxo (Kuka, Fiou, Mario, Cristian e Pablo Valle), ademáis de polo ex céltico e internacional Javi Santos, por Rober, Xan, Pitu, Alfonso Santos ou Pedro Riego.

Mentres, Qatar chega a este partido cunha preselección de 15 xogadores cos que está preparando o Mundial de 2011. Despois irá a Portugal, onde lle esperan dous amigables, un contra o Portugal B. Xa en outubro, torneo en Brasil coas seleccións brasileira e española, entre outras.

También te puede interesar