A delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, realizaron este luns unha visita ao inicio da obra de humanización da rúa Miño, que está a punto de rematar coa mellora das beirarrúas, calzada, rede de saneamento, alumeado público e arboredo.
Ortiz salientou que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, rematará en marzo a obra “Conexión da ponte internacional coa PO-510 (Salvaterra de Miño)”. “Está actuación é moi necesaria polo tráfico tan denso, sobre 10.000 vehículos diarios, e conta cun orzamento de preto de de 500.000 euros, co obxectivo de dispoñer de estradas e rúas máis seguras, accesibles e funcionais neste municipio e así avanzar na ordenación da rede viaria autonómica, que ten a singularidade de canalizar a conexión con Portugal”, sinalou a delegada.
Tamén en vigoalminuto
- Aprobado el proyecto de humanización de la Avenida de Clara Campoamor
- Vanesa Martín, segundo concierto del verano en Castrelos
- Vigo estrena cine 4D: además de ver la película puedes olerla, notar el viento o vibrar en tu asiento
- Renfe modifica el servicio con trenes diésel y 16 buses y taxis, por los trabajos en la estación de Santiago
- O temporal deixa xa refachos de vento de máis de 120 km/h
- La planta de Stellantis transforma su proceso de pintura para hacerlo más sostenible
Pola súa banda, a alcaldesa engadiu que “estamos moi contentos co ritmo que leva a obra, xa que se trata dunha reforma moi necesaria para mellorar a mobilidade nunha zona complicada”. A actuación céntrase nun treito de algo máis de 350 metros, o que vai desde a rúa Rosalía de Castro ata a rúa Fontoura, cun prazo de execución dos traballos de seis meses.

Ana Ortiz sinalou que as obras consisten na pavimentación dos viarios cunha mellora do firme, que inclúe unha capa de regularización; construción das beirarrúas unificando os seus anchos e mellorando e unificando o deseño dos accesos aos garaxes. Tamén levarase a cabo a construción de sumidoiros e rede de alumeado, así como a sinalización horizontal da estrada e a reposición do arboredo.