O Consello da Xunta aprobou este luns destinar case 13 millóns de euros para unha nova convocatoria do Bono Alugueiro para a mocidade.
A axuda mensual para o pago do arrendamento chega ata os 250€ e os seus destinatarios son persoas menores de 36 anos que non superen o límite de ingresos equivalente a tres veces o Iprem (25.200 €), segundo explicou o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda.
Tamén en vigoalminuto
- Vanesa Martín, segundo concierto del verano en Castrelos
- Vigo estrena cine 4D: además de ver la película puedes olerla, notar el viento o vibrar en tu asiento
- Renfe modifica el servicio con trenes diésel y 16 buses y taxis, por los trabajos en la estación de Santiago
- O temporal deixa xa refachos de vento de máis de 120 km/h
- La planta de Stellantis transforma su proceso de pintura para hacerlo más sostenible
- Cinco nuevas viviendas de promoción en el Casco Vello
O prezo total da renda para poder optar a esta axuda estará limitada en función da cidade ou vila onde se contrate o alugueiro de vivenda. Así, por exemplo, no caso da Coruña, Santiago, Vigo, Ourense e Pontevedra ese límite será de 700€. No caso de Lugo, Ferrol e as contornas das outras cidades estará entre 500 e 600€ e ata 400€ no resto do país.
Estas axudas -que a Xunta pon en marcha co Goberno do Estado- estarán publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) o vindeiro xoves, día 20 de febreiro, terán carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro deste 2025 e estarán vixentes por un período máximos de 2 anos.