A Xunta colabora co Concello de Mos na remodelación das avenidas de Puxeiros e do Rebullón, que suporá un investimento conxunto de 1,3 millóns de euros. Así, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou hoxe coa alcaldesa, Nidia Arévalo, o convenio para executar estas obras.
Transformación do centro de Mos
O Goberno galego cofinanciará mediante a achega de 600.000€ esta intervención que licitará o Concello de Mos para poder tela rematada o próximo ano. Esta actuación transformará o centro urbano de Mos nun “espazo máis accesible, verde e adaptado ás necesidades dos cidadáns, promovendo un entorno máis sostible e agradable”.

Este proxecto abrangue a remodelación dun tramo de 170 metros da avenida de Puxeiros, outros 125 metros da avenida do Rebullón e a totalidade da superficie da rotonda dos Bois.
Trátase dunha “actuación integral que permitirá acadar unha vila máis amable e con maior accesibilidade, incrementando notablemente o espazo para uso peonil nesta contorna”. A mesma inclúe a dotación de máis zonas de estancia e esparexemento, espazos con xardíns, con novo mobiliario urbano e nova iluminación.
Tamén en vigoalminuto
- Veciños de Teis organizan este sábado un acto polo ‘Día de Rosalía’ e para reclamar a biblioteca
- Aprobado el proyecto de humanización de la Avenida de Clara Campoamor
- Vanesa Martín, segundo concierto del verano en Castrelos
- Vigo estrena cine 4D: además de ver la película puedes olerla, notar el viento o vibrar en tu asiento
- Renfe modifica el servicio con trenes diésel y 16 buses y taxis, por los trabajos en la estación de Santiago
- O temporal deixa xa refachos de vento de máis de 120 km/h
Martínez Allegue lembrou outras actuación executadas neste municipio, como a humanización da
contorna de San Eleuterio, un exemplo de colaboración entre institucións ao abeiro do Plan Hurbe. Tamén apuntou á licitación das 20 vivendas públicas que a Xunta vai construír en San Eleuterio. Detallou que estas obras xa están adxudicadas e estarán rematadas o vindeiro ano.